Galería. Concentracións contra o feminicidio de Manuela Iglesias Fernández

Mobilizacións por todo o país reivindicaron hoxe o fin da violencia machista e expresaron a repulsa do feminismo galego ante o feminicidio de Manuela Iglesias Fernández na Pastoriza.

#NenUnhaMenos #NenUnhaMáis #Feminicidio #StopFeminicidio #ViolenciaMachista #AsasinatoMachista #FeminismoGalego #RespostaFeminista.

De Vigo a Ribadeo, de Verín a Cee, miles de persoas participaron esta segunda feira nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para denunciar e rexeitar o último crime machista na Galiza e o primeiro deste ano: o asasinato na Pastoriza de Manuela Iglesias, de 79 anos de idade.

Máis unha vez, desde mozas até mulleres de idade avanzada saíron ás rúas do país para denunciar a continuidade do “terrorismo machista”, máis aínda en tempos nos que formacións negacionistas desta realidade reciben centos de miles de votos no Estado.

“A sociedade segue sen estar á altura da resposta que precisamos para que a vida das mulleres se coloque no centro e un asasinato deixe de ser apenas unha anécdota”

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram