
O Foro Social Galego é un espazo aberto de debate democrático que ten como obxectivo pensar e construir alternativas ao neoliberalismo desde a Galiza. Contará con 14 debates ao redor dos catro eixos temáticos: Modelo económico e lÃmites do crecemento, Vida e traballo, Soberania e diversidade fronte a uniformización e imperialismo, e Defensa das liberdades e dereitos sociais. Alén das sesións de debates organizaranse espazos transversais con proxeccións de audovisuais, presentación de campañas, libros e iniciativas sociais, e unha interesante e diversa programación cultural.
A Marcha Mundial das Mulleres temos participado no Foro Social Mundial desde os seus inicios no 2001, formando parte do seu Consello Internacional e contribuindo activamente nos diferentes Foros Sociais do planeta nos que asumimos a nosa responsabilidade na defensa e visualización do papel fundamental das mulleres nos procesos de construcción de alternativas ao neoliberalismo, integrando a perspectiva de xénero nos diferentes ambitos da organización e desenvolvemento dos Foros.
A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres vai participar no Foro Social Galego coas actividades:
SOBERANIA ALIMENTAR: UNHA ALTERNATIVA à CRISE PROVOCADA POLAS POLÃTICAS AGRARIAS E ALIMENTARES – Paul Nicholson (Via Campesiña) e representantes das organizacións promotoras (Sindicato Labrego Galego, Marcha Mundial das Mulleres, Fundación Galiza Sempre, Verdegaia, Amarante, Veterinarios sem Fronteiras). Sábado 6 à s 12:00 na Aula 12 da Facultade de FiloloxÃa.
POR UNHA LEI INTEGRAL DO ABORTO. Presentación das reflexións da Marcha sobre os diferentes aspectos que integran unha lei de aborto que garanta o dereito de todas as mulleres a decidir sobre o seu corpo e a súa maternidade libremente e na Sanidade Pública. Falarase da historia da luita polos dereitos reprodutivos, a necesidade de potenciar unha rede efectiva de Centros de Planeamento Familiar na Galiza, as dificuldades e oportunidades para conseguir a lei de aborto no dereito Constitucional e Penal do Estado, e a importancia do traballo conxunto entre os movimentos feministas e pro-direito para atinxir os nosos obxectivos. Promove a Marcha Mundial das Mulleres. Sábado 6 ás 17:30 na Aula 5 da Facultade de FiloloxÃa.
PERSPECTIVAS DO ALTERMUNDIALISMO. Coa participación de Xosé Manuel Beiras (Presidente da Fundación Galiza Sempre e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial), Carlos Taibo (Profesor de Ciencia PolÃtica da Universidade Autónoma de Madrid), Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego) e Lupe Ces (Marcha Mundial das Mulleres). Promoven as organizacións do Consello do Foro Social Galego. Sábado 6 ás 19:30 na Sala Mozart do Auditorio de Galiza.
GELEM, GELEM, GELEM LUNGONE DROMENSAR (Andei, andei, andei por longos camiños). A voz do povo xitano no Foro Social Galego através das mulleres, xusto nun momento no que as agresións racistas aumentan en toda Europa e das que Galiza non queda a salvo. Pasado, presente e futuro como povo e realidade do activismo xitano. Palestra e debate:
- Historia e presente do Povo Cigano. Carmen Pastor, Instituto da Cultura Cigana, Asociación Aliquerando.
- Vinculacións entre o mundo pallo e o xitano, a experiencia da mediación. Amparo Jimenez, mediadora.
- Consciencia de si mesmo como povo e prespectiva de futuro. A realidade do activismo xitano. Irene Jiménez, mestra.
- Percepción palla do mundo xitano. Estereotipos e prexuizos. Lucia Blanco, Asociación Aliquerando.
Nesta actividade, ademais dunha mesa redonda, haberá tamén proxección de vÃdeos e audición do Himno Xitano. Dada a hora de começo da actividade, servirase un pequeno almorzo para facilitar a puntualidade. Domingo 7 ás 10:00 na Aula 12 da Facultade de FiololoxÃa.
Mais información en www.forosocialgalego.org
Descarga o programa completo do FSG en [PDF]
Escoita a cuña radiofónica do FSG.
http://forosocialgalego.org/images/materiais/foro%20social%20longa.mp3