III Acción Internacional Galiza – Kivu

O xoves pasado, xunto coas delegadas galegas para a Mobilización Internacional que terá lugar o 17 de Outubro, viaxou cara a RD Congo o vestido da MARCHANTA GALEGA, que foi elaborado grazas aos anacos de tea aportados por moitas mulleres e organizacións que fan parte da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

Unha vez na RD Congo, durante o transcurso do Encerramento da III Acción Internacional, o noso vestido unirase a outros moitos enviados desde as diferentes Coordinadoras Nacionais activas en todo o mundo, para transmitir, doutro xeito máis, a nosa solidariedade coas mulleres do mundo, e moi especialmente coas nosas irmás da Rexión dos Grandes Lagos Africanos, e tantas outras que sofren a violencia dos conflitos armados nos cinco continentes.

Algunhas das fotos do vestido e os diferentes anacos que o compoñen:

{gallery}2010_MarchantaGaliza{/gallery}

Ver álbum completo de fotos

Para coñecer mellor o por qué da marchanta: Proxecto creación das marchantas.

Marchantas doutras partes do mundo:

{gallery}2010_MarchantasMundo{/gallery}

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram