
Inscritas dez tripulacións, no último momento só participaron oito, por enfermidade dunha remeira de Amegrove e as da vila de Cangas, tiveron problemas “técnicos†que consideramos que máis que técnicos foron machistas, xa que non puideron participar por falta de barco e podrÃan facelo compartindo barco co dos rapaces; pero ao cambiar en orde a regata e adiantar ás rapazas despois dos xuvenÃs “non lles daba tempo a cambiar o barcoâ€. De tódolos xeitos, a MMM considerou que tiñan que levar premio por estar ali e querer participar aÃnda que non puideran facelo.
Destacar tamén, que as remeiras de Cesantes (Redondela) e Coruxo (Vigo) unÃronse para poder formar a tripulación dunha traiñeiriña.
- 1º clasificadas (Bandeira de Traiñeiriñas da MMM) : C.R. Cabo Cruz de Boiro (Boiro)
- 2º clasificadas: C.R. Chapela
- 3º clasificadas: C.R. Sanmertolomeu de Meira
- 4º clasificadas: C.R. Mecos do Grobe
- 5º clasificadas: C.R. De Vilaxoán
- 6º clasificadas: C.R. O Mar de Bueu
- 7º clasificadas: C.R. A Cabana do Ferrol
- 8º clasificadas: C.R. Cesantes-Coruxo
- 9º clasificadas: C.R. Vila de Cangas
Contamos coa presenza de moitas mulleres con cargos de responsabilidade dentro das distintas administracións, algunhas das cales entregaron os premios como: Carmen Adán (Secretaria Xeral de Igualdade), Marta Souto (Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia), Mª Xesús López Escudeiro (Delegada de Deportes de Pontevedra), Laura Ogando, Rebeca Gago, Teresa Madaleno (concelleiras de Igualdade, Educación e Servizos respectivamente do concello de Bueu), asà como o alcalde e concelleiros do concello de Bueu.
A pesar do mal tempo, foi un dÃa alegre e festivo para as remeiras e o público que estivemos ali en xeral.