Novamente observamos o tratamento da violencia machista nos medios de comunicación con indignación. Dende un titular que parece desculpar unha agresión machista (bicar a quen non quere ser bicada é unha agresión) ate o contido da nova que comeza falando de “desexo sexual incontrolado” tinguindo a violencia dun determinismo biolóxico que pretende restar importancia ao sucecido. Toda a noticia esta contada ignorando que se trata de un caso de agresión e facendo referencia constante á xustificación empregada polo agresor no xuízo. Queremos medios de comunicación que non contribúan a normalizar a violencia. Non se pode consentir este tratamento mediático! #FeminismoParaVivir #InformaciónMachista