Manuela Iglesias Fernández asasinada na Pastoriza aos 79 anos de idade

Na Rigueira, no concello da Pastoriza, foi asasinada a última hora da tarde do sábado 25 de xaneiro Manuela Iglesias Fernández, de 79 anos, presuntamente polo seu marido, Hortensio Ónega, quen após o feminicidio suicidouse saltando pola xanela da casa.

Manuela Iglesias foi atopada no seu domicilio ao redor das 20,30 horas pola súa neta e a parella desta, e apresentaba un forte golpe na cabeza, ademais de varios cortes na cara e pescozo, e atopouse ademais un coitelo xunto ao corpo.

A muller convivía co seu marido na parroquia de Crecente, no concello da Pastoriza.

Info tirada de: https://www.nosdiario.gal/articulo/social/home-asasina-sua-muller-pastoriza/20200126100104090181.html

Convocatorias do feminismo galego seguindo o protocolo:

A Coruña, 20h no Obelisco

A Estrada, 20 :30h diante do Concello

A Guarda, 20:30h na Praza do reló

A Pastoriza, 20h na Praza do Concello

Allariz, 19.30h na Praza do Concello

As Pontes, 20.30h na Praza do Hospital

Betanzos, 20h, a carón do Palco da Música

Bueu, 20h diante do Concello

Celanova, 20h na Praza Maior.

Compostela, 20h na Praza 8 de Marzo

Ferrol, 20h na Praza Amada García (Edificio Xunta)

Lugo, 20h na Praza Maior diante do Concello

Miño , 20.30h na Praza do Parchís

Moaña, 20h na Praza do Concello

O Porriño, 20h na Praza do Concello

Ourense, 20h na Castañeira (Parque San Lázaro)

Ribadeo. 20.30 na Praza 8 marzo

Verín, 20h na Praza Maior

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram