Mulleres indíxenas de Guatemala denuncian na Galiza a violación de dereitos humanos perpetrada por trasnacionais

ACCIÓNS PROGRAMADAS NA GALiZA

Martes 30 de abril (A Coruña)

12:00h Praza da Palloza: baixo o lema “Hidralia: Cantas mulleres precisan violar para producir luz?”, acto de denuncia da vulneración dos dereitos humanos que está a practicar Hidralia Energía en Guatemala.

12:45h Concentración rolda de prensa na sede administrativa de Hidralia Energía (Av. del Ejército, nº10).

19:30hrs Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, s/n): coloquio con Natalia Atz Sunuc e Paula Irene del Cid Vargas (Guatemala) e afectadas pola mina de ouro que a transnacional canadiense Edgewater quere explotar en Corcoesto: “Unha mesma situación, unha mesma resistencia. Guatemala e Galiza

Mércores 1 de maio (Santiago de Compostela)

Participarán na convocatoria sindical do 1º de Maio en Compostela

Xoves 2 de maio (Santiago de Compostela)

Visita ao parlamento galego, reunión cos grupos políticos

20.00h Palestra : Estado de sitio e violencia patriarcal en Barillas – en As Dúas Ruela da Oliveira, 3 (Praza da Oliveira) Compostela

Venres 3 de maio (Vigo)

12:00h Roda de Prensa: Amigas da Terra e Marcha Mundial das Mulleres

19.30h Encontro cos movementos sociais, palestra na que falarán Natalia Atz Sunuc -coordinadora da Asociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad CEIBA- e Paula Irene del Cid Vargas -asociación feminista La Cuerda- /// Federación Veciñal “Eduardo Chao”, Praza da Princesa ás 19:30 hrs

barillas2.jpg

Coorganizan e convocan: Amigos da Terra, A Coruña en Loita, Comité de Solidariedade con América Latina (COSAL), Coordinación por los Derechos de los Pueblos Indígenas (CODPI), Feminismos Corunha, Feministas de Compostela e Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.

 

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos amosar toda a nosa sororiedade coas compañeiras de Guatemala e sumámonos a todos os movementos que, na Galiza, traballarán durante estes días para visibilizar a problemática que sufren as comunidades indíxenas pola acción depredadora das transnacionais e acompañaremos a Paula e Natalia na súa xira galega mobilizándonos e contribuíndo, como o resto de organizacións e movementos coorganizadoras, a que a súa demanda sexa coñecida e a denunciar a situación que as políticas neoliberais ao servizo do capitalismo producen na vida das mulleres.

Sororiedade feminista, en marcha ata que todas sexamos libres!

Texto difundido pola Coordenadora de Loitas da comarca de A CoruñaNo marco dunha intensa xira de denuncia que as está a levar por distintos países europeos, as compañeiras de Guatemala Natalia Atz Sunuc -coordinadora da Asociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad CEIBA– e Paula Irene del Cid Vargas -asociación feminista La Cuerda– permanecerán na Galiza dende o vindeiro martes 30 ata o venres 3 de maio, onde manterán reunións con colectivos, organizacións sociais e partidos políticos, co obxectivo de dar a coñecer os abusos e violacións dos dereitos humanos que están tendo lugar en Guatemala por mor dunha presa hidroeléctrica que a empresaHidro Santa Cruz -tamén coñecida como Hidralia Energía ou Ecoener-, propiedade do empresario coruñés Luis Castro Valdivia, quere construír nunha área de histórico valor sagrado e cultural pertencente a comunidades indíxenas guatemaltecas.

Dito proxecto conta ca clara oposición das comunidades afectadas, quenes logo dun minucioso proceso de consultas comunitarias iniciadas no ano 2007 -no que participaron case cincuenta mil persoas-, ditaminaron a súa total negativa á construción da presa a través do documento Actas de las comunidades 2012”, trasladado tanto á empresa, como a representantes políticos e opinión pública.

O dono de Hidralia Energía, Luis Castro Valdivia, bem coñecido pola prensa latinoamericana, saltou aos medios de comunicación galegos cando no ano 2007 tanto el coma o seu cuñado, o ex director xeral de Industria da Xunta (1999-2005), o popular Ramón Ordás Badía, foron imputados pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por un delito de tráfico de influencias relacionado ca concesión de parques eólicos e minicentrais hidroeléctricas, negocio no que Castro Valdivia, en alianza ca familia do ex-alcalde Francisco Vázquez e o ex-presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, conta cunha espectacular presencia.

A visita destas dúas lideresas ten lugar nunha data especialmente significativa, xa que coincide co aniversario do Estado de Sitio decretado en Santa Cruz Barillas en maio do ano pasado, logo de que o día 1 dese mes persoas vinculadas a Hidro Santa Cruz -un dos detidos foi o seu Xefe de Seguridade- atacaran a tres líderes comunitarios que se opoñían ao proxecto, asasinando a un deles e deixando gravemente feridos aos outros dous.

A controvertida decisión do presidente guatemalteco Otto Pérez de afrontar a conflitividade derivada deste asasinato a través da suspensión de dereitos e liberdades que supón o Estado de Sitio para, deste xeito, protexer e favorecer o abuso da transnacional galega, vén motivada en grande parte pola situación estratéxica na que se atopa Hidralia Energía ao pertencer á Cámara Oficial Española de Comercio de Guatemala, entidade financiada polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo de España. Ademais, o presidente Otto Pérez, aliado fundamental de Castro Valdivia nos seus negocios en Guatemala, conta cunha denuncia realizada no ano 2011 ante o Relator Especial da ONU Contra a Tortura e foi tamén acusado de ser un dos instigadores do asasinato en 1997 de Juan Gerardi, bispo e coordinador da Oficina de Derechos Humanos del Arzobispado de Guatemala.

A violencia despregada en Santa Cruz Barillas por Luís Castro Valdivia en connivencia co goberno guatemalteco, inda a día de hoxe mantén a rexión nunha situación de tensión constante, intensificada pola militarización e paramilitarización da zona. A poboación vive o seu día a día facendo fronte ás agresións continuadas da empresa, rexistrándose non só os mencionados atentados contra líderes e lideresas, senón tamén numerosos casos de violacións sexuais a mulleres e innumerables casos de intimidación, ataques e ameazas.

Neste momento, no que tamén grande parte da poboación galega estase a mobilizar na contra da destrución do noso territorio por parte de empresas transnacionais que, tamén aquí ca colaboración dos gobernos, pretenden aproveitar o estancamento económico para expoliar os nosos recursos naturais -véxase por exemplo a transnacional canadienseEdgewater en Corcoesto-, Natalia Atz e Paula Irene del Cid aproveitarán esta viaxe á Galiza non só para denunciar a vulneración dos dereitos humanos que está a ter lugar en Barillas, senón tamén para dar a coñecer e intercambiar estratexias de loita e, deste xeito, tanto dende Galiza como dende Guatemala, facer fronte á ameaza globalizada da explotación de recursos naturais e enerxéticos por parte de empresas privadas transnacionais que pulan polo modeloneoliberalista de enriquecemento a través da capitalización total da Natureza, da Vida.

 

 

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram