Nace a Coordenadora Local do Barbanza da Marcha Mundial das Mulleres

Anunciamos hoxe con inmensa ledicia que ven de crearse a Coordenadora Local do Barbanza da Marcha Mundial das Mulleres. Recollendo o traballo de colectivos históricos da zona e os azos das compañeiras que se incorporaron ao feminismo nos últimos anos o esforzo de tecer rede, criar confianza e apostar por sumar forzas ao noso proxecto ten hoxe este marabilloso punto de arranque.

Benvidas compañeiras! Xuntas construímos un feminismo galego forte en defensa dos nosos dereitos. Seguimos en Marcha, até que todas sexamos libres!

Queremos facer mención especial aos colectivos feministas que se incorporan á Marcha Mundial das Mulleres coa creación desta Coordenadora, agradecendo a súa confianza e o seu traballo para sumar forzas e tecer redes que nos permitan loitar xuntas polos nosos dereitos. Benvidas compañeiras!

#Barbanza #Rianxo #Ribeira #Boiro #Palmeira #Feminismo #FeminismoGalego #FeminismoParaVivir #FeminismoParaResistir #FeminismoParaConstruír

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram