O pasado 9 de xullo, día no que se celebraban os actos de peche de campaña en Compostela, VOX realizaba o seu na Praza da Quintana ás 20h e por ese motivo a policia tomaba a zona vella con efectivos de paisano que pararon a numerosas veciñas xa que a esa mesma hora convocarase unha mobilización antifascista.
Ás 18h identificaron a I.C. e a dúas compañeiras, a ela rexistráronlle o bolso mais non lle foi requisado obxecto algún. Sobre as 19h 30 identificaron novamente a I. C. e a varias persoas máis. Nese rexistro un dos oficiais repara no chaveiro feminista e retírallo coa escusa de ser un “obxecto prohibido” e ameaza a I. C. cunha sanción.
Ao pouco, I. C e as compañeiras atopan a un grupo de xente que tamén fora identificada pola policia e unha das mozas, B. S. explica que tamén lle foi retirado o chaveiro de autodefensa feminista e que foi humillada pola policia que llo requisou comentando cousas como “con isto podes facer pupa”.
Naquel momento o acontecido foi denunciado por colectivos e compañeiras de Ceivar e Esculca e agora as compañeiras I. C. e B.S. veñen de recibir sancións de 600€ cada unha, nas que se indica como procepto infrinxido o “ Artículo 36.10)de la Ley Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección de la seguridad ciudadana en relación con el artículo 4.1.h)del Real Decreto 137/1993, de 29 de nero, por el que se aprueba el Reglamento de Armas (BOE de 05.03.93 CE 21.04.93)”.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres queremos amosar toda a nosa solidariedade coas compañeiras e a máis firme repulsa á criminalización da autodefensa feminista. Os chaveiros de autodefensa non son armas e non estan tipificados como tales, son un mecanismo de empoderamento e protección das mulleres cando exercemos o noso lexítimo dereito á defensa en situacións de violencia.
Por isto facemos un chamado á denuncia pública destas sancións e a exercer a solidariedade feminista coas compañeiras contribuíndo a sufragar as sancións e amosando o rexeitamento do feminismo á criminalización da autodefensa.
Animamos ademais a todas as mulleres a inundar as redes con fotos dos nosos chaveiros feministas e as etiquetas #ChaveiroFeminista #AutodefensaFeminista e a defender o noso dereito á defensa sobre a violencia machista. Se atacan a unha respostamos todas!
Fai a túa aportación no IBAN ES46 3070 0045 1861 1375 1223 co asunto “doazón multas chaveiro feminista”.
#Autodefensa #AutodefensaFeminista #SororidadeFeminista #NonÁCriminalización #SeAtacanAunhaRespostamosTodas #Antifascistas #NonÁsSancións
Imaxes para difundir a campaña nas redes: