Hoxe tivemos noticia dun novo asasinato machista na Galiza e con este son xa 5 as mulleres asasinadas en 4 meses no noso país. A reacción do movemento feminista non se fai agardar e hai convocatorias de concentración de repulsa e resposta convocadas para este venres 2 de maio ás 20h:
- VIGO, venres 2 ás 20h no MARCO (Marcha Mundial das Mulleres)
- FERROLTERRA, venres ás 20h na Praza do Concello (Marcha Mundial das Mulleres)
- OURENSE, venres ás 20h na Subdelegación do Goberno (Marcha Mundial das Mulleres)
- COMPOSTELA, venres ás 20h na Praza 8 de Marzo, Porta do Camiño (Movemento feminista de Compostela
- A CORUÑA, venres ás 20h no Obelisco (Movemento feminista de A Coruña)
O movemento feminista galego convoca novamente mobilizacións contra os asasinatos machistas, cómpre visibilizar a violencia que se esta a exercer contra as mulleres ante a pasividade das autoridades e dunha sociedade incapaz de reaccionar ante unha realidade cada día máis terríbel.

As mulleres esiximos o noso dereito a vivir sen violencia e a que a sociedade garanta ese dereito. Este venres tod@s á rúa contra a violencia machista!