Publicación da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza consideramos o aborto un dereito fundamental que permite a soberanÃa sobre o propio corpo, garantindo a escolla dunha maternidade desexada e responsábel.
É por iso que denunciamos que hoxe, igual que hai 22 anos, se continua a limitar a liberdade individual e a tomada de decisións das mullerese que o aborto non é aÃnda unha prestación universal por dereito xa que 95% das interrupcións fanse en clÃnicas privadas.<
Denunciamos a obxección de conciencia que deixa as mulleres desasistidas sanitariamente e que propicia a indefensión legal das e dos profesionais que realizan abortos asà como a intromisión na intimidade e vida privada das mulleres, como puidemos evidenciar no acontecido nas clÃnicas abortistas en Madrid e Barcelona en finais de 2007 e comezos de 2008.
Denunciamos os grupos conservadores e a igrexa xerárquica que continúan a cuestionar e criminalizar as mulleres por abortar, coa única intención de reforzar e perpetuar a sociedade patriarcal e a desigualdade entre mulleres e homes, pois a opresión da muller foi e continua a ser unha das orixes do seu poder.
Por todo o exposto a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza iniciou en Xaneiro de 2008 a campaña polo aborto libre e gratuÃto na Seguridade Social, coa recollida de autoinculpacións en que participaron mais de 1500 mulleres e homes do noso paÃs, manifestacións e acto de entrega de autoinculpacións no dÃa 8 de Marzo DÃa internacional da muller e en que saÃmos à rúa a pesar da prohibición oficial nalgunha das comarcas galegas.
Continuando con esta campaña e conmemorando o 28 de Maio DÃa Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres a coordinadora comarcal
da Coruña organizamos un ciclo de conferencias, vÃdeo-forum e coloquios baixo o tÃtulo ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas à despenalización do aborto’. Nas xornadas introducÃronse temas tais como a loita polos dereitos reprodutivos e sexuais, a situación actual e redes dos COF (Centros de Orientación Familiar), os aspectos legais do dereito a decidir, e coa colaboración de mulleres representantes do asociativismo e activismo da nosa cidade xerouse un debate sobre as alternativas à despenalización do aborto.
Coa publicación destas xornadas e a súa divulgación totalmente gratuÃta tanto en papel como en formato electrónico, pretendemos partillar con todas a información, debate e reflexión que xurdiu dentro da dinámica desta actividade. Consideramos que este material pode axudar a entender mellor o contexto histórico, xurÃdico e sanitario da actual regularización do aborto e estabelecer as bases para a discusión dentro da sociedade galega das alternativas à despenalización. Para a Marcha Mundial das Mulleres é fundamental deseñar estratexias de presión social e polÃtica e encoraxar a participación de toda a sociedade e do activismo galego nestas estratexias.
Até todas as mulleres do mundo conseguirmos a soberanÃa sobre o propio corpo, nós continuaremos en marcha.

[ Descarga a publicación en PDF ]
Marcha Mundial das Mulleres Comarcal da Coruña