
                                                                                Augusto Boal
Da Marcha Mundial das Mulleres na Coruña querémosvos convidar a participar no obradoiro de Teatro da Oprimida que terá lugar nos dÃas 27, 28 e 29 de Agosto no Centro CÃvico de Labañou (Rúa Colombia, s/n).
Para inscrivirse é preciso preencher a ficha, que se pode baixar no link ao final desta nova, e enviar o antes posÃbel a marchacorunha@gmail.com
Qué imos facer?
A través das técnicas do Teatro da Oprimida imos explorar as diversas situacións de opresión en que as mulleres desenvolvemos a nosa vida diaria. Sandra Silvestre, compañeira da Marcha Mundial das Mulleres en Portugal e con ampla experiencia na pedagoxÃa e educación social e popular da perspectiva feminista, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara a conscientización das nosas realidades e toma de accións transformadoras.
Os obxectivos principais do obradoiro son:
-
Prover ás mulleres dun espazo de reflexión, debate e acción transformadora cunha abordaxe lúdico-formativa da perspectiva feminista;
-
Coñecer o Teatro da Oprimida, a súa historia e familiarizarse cos principais conceptos do TO;
-
Explorar a través da creatividade e a imaxinación a complexidade do noso entorno e comportamentos;
-
Capacitar para unha cidadanÃa transformadora, profundando na capacidade de acción colectiva e cooperativa na solución de problemas;
Que é o Teatro da Oprimida?
O “Teatro da Oprimida†pretende transformar á espectadora da súa forma pasiva a suxeito actuante, transformadora da acción dramática da que ela é a protagonista. A idea central é que a espectadora ensaie a súa propia revolución sen delegar papeis ás personaxes, desta forma conscientizándose da súa autonomÃa diante dos factos cotiás e indo en dirección a súa real liberdade de acción. No TO todas as participantes tórnanse en “espect-atorasâ€.
Para iniciar unha abordaxe sobre o “Teatro da Oprimidaâ€, tórnase necesaria unha presentación do seu criador, o dramaturgo, director e teórico de teatro Augusto Boal, nacido no RÃo de Xaneiro en 1931. Boal buscou sempre loitar contra todas as formas de opresión, desenvolvendo na súa loita a favor das exploradas e oprimidas, un teatro de cuño polÃtico, libertario e transformador. Iniciou no perÃodo da ditadura militar do Brasil proxectos educativos dispostos a desenvolveren unha toma de consciencia das oprimidas, como foi o ALFIN – Programa de Alfabetización Integral, cuxa concepción metodolóxica era inspirada na pedagoxÃa da oprimida de Paulo Freire.
Informacións práticas
Custo: GratuÃto mas con compromiso 😉
Participantes: mulleres (entre 18 e 30 anos)
Xantar a pedido o sábado e domingo
Mulleres con crianzas por favor indicade na ficha
Horarios:
Venres 27: 18h a 21h
Sábado 28: 10h a 14h e 16h a 20h
Domingo 29: 10h a 14h e 16h a 20h
Lugar: Centro CÃvico de Labañou (Rúa Colombia, s/n) A CoruñaExpeditarase certificado de asistencia asinado pola Marcha Mundial das Mulleres.
Descargar ficha [Word] [OpenOffice]
Para mais información : marchacorunha@gmail.com // www.feminismo.info
sobre o TO no Brasil [web]
TO no Porto [web]