PALESTRA con a compañeira kurda Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa

[VIGO][ Feminismo Internacionalista ] Este 9 de xaneiro ás 20h. na Casa Galega da Cultura, a Marcha Mundial das Mulleres reivindica e homenaxea en todo o mundo a loita das mulleres kurdas. No noso país, Vigo acollerá unha palestra e debate coa compañeira kurda Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa. Teremos a ocasión de escoitar na propia voz destas mulleres a súa loita feminista e de emancipación do seu pobo.

Agradecer a Mar de Lumes Plataforma Baran Galiza pola súa colaboración neste acto.

Para nós, o 9 de xaneiro, é un día pola memoria e a solidariedade cas activistas, abusadas, encarceradas, violadas e asasinadas. Un día para dicir xuntas que as súas loitas non foron e non son en balde.

Mais tamén, fai seis anos do asasinato das activistas Sakine Cansiz, Fidan Dogan (Rojbîn) et Leyla Saylemez en Paris.

Sen esquecer o asasinto en 2016, de Seve Demir organizadora da posta en marcha da Caravana Feminista para a IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin e membra do Partido Democrático das Rexións, Pakize Nayir, vicepresidenta da Asamblea Popular de Silopi, e Fatma Uyar, membra da Unión de Liberación das Mulleres. E moitas máis que non imos a recoller aqui.

Este pobo leva moitos anos loitando polos seus dereitos e polo recoñecemento do seu territorio, fronte a represión e violencia dos estados próximos.

Nestes anos, púxose o foco de atención nas mulleres kurdas como exemplo de autodefensa e de loita pola liberación e organización do seu pobo.

Consideramos que a Unión Europea é cómplice das vulneracións de dereitos do goberno turco.

 

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram