O pasado dÃa 10 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza foi convidada a participar na palestra ‘Sen Mulleres non é Democracia: accións para cambiar o modelo económico’ organizada por ACSUR Galiza. A Palestra tivo lugar na GalerÃa Sargadelos da Coruña e nela participaron alén da MMM representantes de ACSUR, de CCOO, do colectivo feminista Nomepisesofreghao e a feminista nicaraguana Eveling Carrazco.

Xulia Mirón da coordenadora comarcal da Coruña falou sobre a traxectoria da Marcha desde os seus inicios, da nosa perspectiva de reflexión-acción a nivel mundial e local, dos nosos documentos e das nosas propostas.
Os documentos chave da Marcha son o resultado dun profundo proceso de debate e reflexión entre mulleres dos 5 continentes e son a nosa referencia para desenvolver accións locais e internacionais. Son aprobados nos Encontros Internacionais que se celebran cada dous anos, téndose organizado o último na Galiza en Outubro do 2008. Estes documentos son elaborados partindo do mundo que nós queremos construÃr onde a Paz, a Xustiza social e a Democracia van prevalecer sobre a explotación e a opresión. Entre as nosas reivindicacións con respecto a muller e traballo, que foi o tema principal que se tratou nesta palestra, están:
-
A equidade e igualdade salarial tanto a nivel nacional como internacional.
-
A liberdade de sindicalización e asociación.
-
Condicións de seguridade e salubridade no traballo.
-
A anulación da débeda dos paÃses en desenvolvemento, polo que isto significa para o conxunto da poboación e para as mulleres.
-
O levantamento dos bloqueos e embargos que sofren algúns paÃses, de mans do imperialismo.
No 8 de marzo deste ano e baixo o tÃtulo ‘As mulleres traballamos, as mulleres contamos. Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos’ a comarcal da Coruña organizou unha palestra sobre muller e traballo e unha acción de rúa na que participaron diferentes colectivos visibilizando as propostas das mulleres perante a crise.
Nestes últimos meses a comarcal da Coruña ten participado na manifestación por un convenio xusto para as traballadoras do Comercio e estivo a apoiar as reivindicacións das traballadoras de Caramelo.
Xulia concordou co resto das poñentes na importancia de facer accións xunto con outras organizacións para fortalecer redes e alianzas de defensa dos dereitos laborais, socias e polÃticos das mulleres.

Todos os documentos da MMM están accesÃbeis na nosa páxina web