POLA PAZ E CONTRA A GUERRA

 

POLA PAZ E CONTRA A GUERRA

Chamado para 24 horas de acción en solidariedade feminista en todo o mundo

O sábado 3 de xuño, de 12:00 a 13:00h, únete a nós nunha acción solidaria pola paz en todo o mundo. Podes manifestarte, escribir unha mensaxe…ou só sacar unha foto ou gravar un vídeo e colgalo no noso facebook.

e enviánolo ao correo electrónico: info@marchemondiale.org


Ser muller é vivir constantemente nun período de guerra. Repetimos esta frase durante a nosa Cuarta Acción Internacional en 2015 ao explicar o contexto no que vivimos as mulleres nos nosos fogares, comunidades e territorios. Durante o noso X Encontro Internacional en Maputo, que se celebrou en outubro de 2016, existiu consenso sobre que a violencia e o terrorismo están a estenderse no mundo a pasos axigantados. A ofensiva conservadora e a militarización da vida cotiá das mulleres pasaron a ser unha tendencia habitual en todos lados.

De norte a sur, de leste a oeste, as mulleres sofren os efectos e as consecuencias da ocupación territorial por parte dos réximes imperialistas coloniais, que subxuga os pobos en condicións infrahumanas e a través de asasinatos e encarceramentos traumáticos mentres o resto do mundo contempla en silencio. Isto é unha guerra.

Estamos a ser testigas da subida dos gobernos de extrema dereita e populistas de dereita en moitos países do globo, que impoñen un retroceso nos dereitos conquistados durante moitas décadas grazas a loitas populares pola xustiza, a liberdade e a igualdade. Por unha banda, incitan á intolerancia, o odio e a guerra contra minorías, migrantes, negras, indíxenas e persoas disidentes. Por outro, estes gobernos están a forzar a entrada dunhas axendas neoliberais moito máis radicais que defenden os intereses de corporacións transnacionales que apoiaron as súas campañas electorais.

Enfrontámonos a novas formas de colonialismo, onde eses gobernos, en conivencia con Corporacións Transnacionales (TNC), invaden nacións en África, Asia e América Latina aducindo investimentos directos e cooperación ao desenvolvemento. Manipulan a gobernos nacionais cuxas eleccións financiaron a través de mecanismos de axuda e baixo o paraugas dos Tratados de Libre Comercio e políticas neoliberais. Acaparan terras; desposúe e despraza familias e comunidades enteiras da súa forma de gañarse a vida e de todos os recursos naturais que son esenciais para a vida. Nestes contextos, as comunidades teñen que soportar extrema pobreza, violencia e medo sobre o seu presente e futuro. As mulleres págano caro mentres loitan para asegurar medios de supervivencia para as súas familias, son explotadas en traballos non remunerados e moitas veces acaban en prostitución, matrimonios temperáns e forzosos cun futuro embargado.

A militarización das nosas vidas cotiás ten pasado a ser habitual en todo o mundo. As superpotencias producen armamento e véndenllo a países onde posúen intereses económicos sólidos. As nacións africanas son os seus mercados preferidos, en particular os países de África Occidental e outros países como República Centroafricana, a República Democrática do Congo, e Mozambique. Fomentan a débeda ao prover armas aos gobernos nacionais e grupos rebeldes, que á súa vez sementan guerras civís e ataques terroristas en todo o territorio.

Mentres os pobos loitan entre eles, as TNC intensifican as súa operacións extractivistas e recuperan o pouco diñeiro que pagan como impostos en forma de pagos de débeda. Neste contexto, os gobernos nacionais carecen de capacidade para ofrecer servizos básicos, como sanidade, educación, auga e saneamento, vivenda, transporte público; non queda espazo para o proceso de construción de institucións democráticas. Aumentan a violación dos dereitos das mulleres e crimes xerais cando os sistemas xudiciais só defenden e protexen os intereses de elites políticas e a impunidade das TNC. Isto é unha forma de guerra.

Democracia foi deostada e non conseguiu que se celebren unhas eleccións xustas, mantendo gobernos ditatoriais no poder durante moitos anos. Os dereitos constitucionais e as leis manipúlanse e cambian conforme aos intereses dunhas elites minoritarias. Somos testigas de detencións e asasinatos de activistas políticas e do peche das súas organizacións en Turquía, Burundi e en moitas outras partes do mundo. As institucións rexionais e mundiais non conseguiron mediar nos conflitos nin fomentar a rendición de contas. En lugar diso, seguen lexitimando esas ditaduras.

Miles de persoas venxe forzadas a migrar. Vivimos un período histórico de mobilidade das persoas en busca dun lugar onde salven a vida e a vida das súas familias. África é o continente que recibe maior número de migrantes: nenos, mulleres e homes de zonas rurais a urbanas, e dun país a outro.

Miles de migrantes de África e Oriente Medio morren no mar Mediterráneo tentando chegar a Europa para salvar a vida, tentando escapar de toda a brutalidade que causan as guerras, a fame e as persecucións provocadas polas mesmas forzas capitalistas que se mencionaron antes. As migrantes viven nunhas condicións moi vulnerables e enfróntanse a todas as formas de discriminación: non se lles recoñece a cidadanía, non teñen acceso a empregos, non poden vivir coas súas familias, están expostas á fame negra, a enfermidades e a moitas outras cousas. As persoas migrantes son seres humanos con coñecementos, cultura, valores e teñen un papel que desempeñar no proceso de construír un mundo mellor para todas.


Nós, activistas da Marcha Mundial das Mulleres, facemos un chamado a todas as activistas, compañeiras e aliadas de todo o mundo para que se unan a nós nunha acción solidaria pola paz o sábado 3 de xuño, de 12:00- 13:00h. Colgade as vosas mensaxes ou as vosas fotos na nosa páxina de Facebook:


Comparte as túas mensaxes/ demandas en solidariedade pola paz, contra a guerra, polos dereitos das migrantes, por mulleres que viven en territorios ocupados, polos pobos afectados polas TNCs…..

Seguiremos en Marcha ata que todas sexamos libres!

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram