Presentación Caravana Feminista en Vigo

 

A Marcha Mundial das Mulleres convídavos en Vigo á presentación da caravana feminista que percorrerá Europa. Dende Turquía, 8 de marzo ate Portugal, 17 de outubro.
Iremos ao encontro de mulleres de base e de grupos de mulleres que loitan e resisten nas súas cidades e pobos contra a violencia, a austeridade, a pobreza, o racismo, o fascismo, a lesbofobia e todas as opresións que fan a vida das mulleres máis difícil. O noso obxectivo é documentar e visibilizar as loitas das mulleres que se enfrontan a problemas similares, en contextos diferentes.
Estivemos demasiado divididas! É tempo de unirnos, de camiñar xuntas, en solidariedade, para facer retroceder os ataques e as opresións que nos rouban os recursos, os dereitos e a dignidade.

 

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram