Represión ás mulleres na Turquía

RECENTE REPRESIÓN ÁS MULLERES NA TURQUÍA E TJA
(MOVEMENTO  MULLERES LIBRES)
(Febreiro 2017)

Dereitos das mulleres e a lei

 

A República Turca, establecida a principios do último século, rexistrou un gran número de tratados internacionais sobre os dereitos das mulleres, incluíndo CEDAW, a Istambul Convention, empoderando ás mulleres máis aló da súa lexislación interna. Malia isto, segue a ser un país que non aprobou leis de harmonnización e ten serios problemas á hora de aplicalos. O tradicional sistema sexista, que non respecta os seus propios valores, está baseado no rexeitamento das diferentes identidades e crenzas, e ademáis de non ser xusto, colocou a Turquía nas filas máis baixas no referente ás violacións humanas.

O goberno asinou os tratados locais e internacionais que defenden os dereitos das mulleres e penalizan os crimes contra estas para parecer democrático, pero non se cumplen. Un bo exemplo desta hipócrita política é a Istambul Convention, que o Consello Europeo puxo en funcionamento o 1 de agosto de 2014. Turquía foi a primeira en firmar a Convención, que inclúe disposicións explicativas sobre a prevención e sancións en violenciasexual, acoso, violación e todo tipo de violencia sobre a muller, pero que non foi aplicada.

A responsabilidade do goberno na violencia contra a muller e feminicidio

Declaracións e informes de fontes independentes e organizacións de mulleres que se ocupan dos dereitos e da liberdade das mulleres sinalan que o AKP (Partido da Xustiza e do desenvolvemento) colocou ás mulleres en peores condicións que as prácticas anteriores.

AKP chegou ao poder cos seus argumentos liberais e pacifistas, pero coma outros exemplos no mundo, converteuse na cara máis escura do capitalismo moderno e o máis opresor do sistema estatal. Non houbo na historia de Turquía outro goberno que intentara con máis ganas apoderarse de tódalas veas do país (lexislación, poder xudicial e executivo), escravizar á sociedade e ás mulleres social, cultural e económicamente, e potenciar o sistema de dominación masculina que o goberno do AKP, que entrou no poder co proxecto do Islam moderado. Esta audacia deu pé a unha fase que avanza cara unha ditadura centrista e fascista. A partires do 2002, AKP sostivo a súa política de desviación mantendo que podería solucionar a cuestión Kurda pacíficamente. Sen embargo, no 2015, levou o seu réxime opresivo ao máis alto nivel, derrubando a paz e a mesa de negociación. A través das súas políticas machistas, monistas e hexemónicas, o goberno do AKP está ignorando tódolos dereitos gañados polas mulleres. Este enfoque sexista vai dirixido á liberdade e organización das mulleres. Cada vez, o goberno amosa máis a súa cara reaccionaria e escura contra as mulleres.

A repercusión máis concreta do achegamento do AKP ao feminicidio pódese ver no crecente número de asasinatos. Segundo os rexistros oficiais do Ministerio de Xustiza, en 2002, 66 mulleres foron asasinadas por homes. Esta cifra convírtese en 83 (2003), 128 (2004), 317 (2005), 663 (2006), 1011 (2007), 806 (2008) e 953 durante os sete primeiros meses de 2009.

Con todo, cuestiónase a credibilidade destes datos oficiais. Houbo grandes diferenzas entre os datos oficiais e os recollidos por organizacións de mulleres e compañías de investigación sobre violencia contra as mulleres no 2009. Isto é unha proba dos intentos do goberno por encubrir as súas políticas hexemónicas masculinas. Ademáis, estas políticas hipócritas e sexistas foron confirmadas polo propio goberno a través da resposta do ex ministro de Xustiza, Sadullah Ergin, nunha investigación parlamentaria en 2009, que mostrou que entre 2002 e os primeiros sete meses de 2009, os asasinatos estatísticamente rexistrados coma feminicidio aumentaron 1,400%. Esta cifra non inclúe ás mulleres desaparecidas, conducidas ao suicidio ou declarándose suicidas. Dende esa data, o goberno non publica os datos oficiais sobre asasinatos a mulleres. As cifras que circulan entre o público son as cifras que as organizacións de mulleres e as periodistas tratan de recoller das noticias en prensa.

O feito de que as cifras sobre os crimes cometidos contra as mulleres, coma resultado das políticas machistas actuais do goberno, non se reflictan correctamente nos informes e non sexan compartidas polos funcionarios do goberno é outra proba de que os perpetradores son protexidos e alentados pola mentalidade do home dominador.
En 2016, 328 asasinatos e 71 casos de violación a mulleres, e 368 casos de acoso sexual a rapazas foron denunciados polos medios de comunicación. Segundo os medios de comunicación, entre o 1 de xaneiro e o 20 de novembro de 2016, o 55% das nenas foron acosadas sexualmente polos seus mestres, o 7% dos perpetradores eran traballadores na escola (traballadores da cafetaría, servizo da limpeza, electricistas, condutores de transporte privado, etc), 6% eran familiares (pai, padrastro, irmáns, primos, e parientes varóns), 3.5% eran donos ou traballadores das tendas ou supermercados nos arredores da escola. Polo menos o 13% das nenas foron violadas, o 4% obxecto de acoso dixital a través de fotografías e/ou mensaxes con contido sexual. O 3% das nenas sometidas a acoso sexual foron discapacitadas.

Só 126 dos cómplices foron arrestados por 368 incidentes de acoso sexual ás rapazas. 18 homes foron postos en liberdade para ser xulgados sen arresto, 3 mestres foron despedidos e 1 mestre da escola pública Islámica foi trasladado a outra escola. O caso de acoso dun vicedirector non foi nin reportado ás autoridades pola dirección da escola.

O 59% dos casos de acoso sexual ocurren nas escolas. Ademáis disto, as nenas foron obxecto de acoso sexual nas rúas, nas casas onde foron collidas pola forza ou por engano, nos vehículos onde as collían pola forza, en cursos complementarios, en buses e en parques.

Segundo as noticias de JINHA de decembro do 2016, 28 mulleres foron asasinadas por homes en novembro, acosaron sexualmente a 100 nenas e someteron a 19 mulleres a violencia. Durante o mesmo período, 11 nenas morreron nun incendio. No mes de novembro, cando a lexislación que lexitimaba o acoso sexual estaba á orde do día, o acoso sexual e violencia contra os e as nenas creceu un 450% comparado co mes de outubro.

A medida que o asasinato e a violencia sexual contra os nenos e nenas, apoiados polo goberno, xordiron en toda Turquía, informes publicados por organizacións independentes amosaron cifras alarmantes no Kurdistan, onde a violencia aumentou por razóns políticas.

Segundo os informes de violacións de dereitos humanos da Asociación de Dereitos Humanos (IHD), Diyarbakir Branch, durante os 9 primeiros meses de 2016, 42 mulleres foron asasinadas ou conducidas ao suicidio coma resultado da violencia doméstica ou estatal. O mesmo informe indica que 34 mulleres perderon a vida coma resultado da violencia doméstica ou estatal, e 8 mulleres se suicidaron.

27 das mulleres asasinadas en 2015 estaban baixo protección estatal ou reportaran ás forzas do estado o perigo de ser asasinadas. A información sobre se o 90% destas asasinadas estaban baixo protección estatal non é compartida co público. 24 mulleres foron asasinadas mentres trataban de previr a violencia contra outras mulleres, xa que o estado non cumpriu coa súa obriga de protexer, coma indica na Lei de Protección Nº 6284, non implementada correctamente, coma demostran os feitos. Que o goberno se negue a revelar calquera información sobre a aplicación da lei e as prácticas de protección, formula serias dúbidas entre os movementos de mulleres, que desempeñaron un papel clave na adopción da lei nun primeiro lugar.


CONCLUSIÓN

Enfrentámonos aos brutais ataques da mentalidade machista contra os logros das mulleres en Turquía. O goberno do AKP ten coma obxectivo previr tódalas formas de actividades femininas mediante o feche das asociacións de mulleres e centros de solidariedade, mediante a designación dos fideicomisarios aos municipios. É unha guerra total contra as mulleres, cos arrestos de políticas e representantes e a introdución de leis e regulamentos quitando ás mulleres os seus dereitos. O goberno do AKP con despidos masivos, empurra ás mulleres fóra da esfera pública. Cun estreito control sobre a prensa e os medios de comunicación, toda a sociedade está tiranizada. Difúndese a particular mensaxe de manter ás mulleres na súa casa.

O obxectivo principal da crecente agresión da mentalidade machista cara as mulleres en mans do estado e do AKP é previr a paz social e a democracia. Sen a liberdade das mulleres, a sociedade non pode ser libre. O medo das forzas hexemónicas é a capacidade das mullleres e o principio de vida baseado na cooperación e solidariedade. Con todo, as mulleres de Turquía e Kurdistán seguerán loitando ombro con ombro contra o sistema patriarcal.

As mulleres kurdas están a escribir unha páxina na historia da loita das mulleres, que non poderá ser borrada con ningún ataque. Malia toda a opresión, TJA continuará traballando para un sistema democrático confederal, no que as mulleres e persoas con diferentes crenzas e etnias poidan convivir nun sistema igualitario e libre, contra o militarista, racista, relixioso lucrativo e sexista estado-nación.

TJA é un movementoque loitou contra tódalas formas de violencia (sexual, física, psicolóxica, económica) na familia e na sociedade, e deu grades pasos para rompela na esfera pública e privada. TJA loita contra a mentalidade machista en tódalas esferas da vida co principio de organización a mobilización de mulleres que traballan para expoñer o papel das institucións públicas, especialmente os tribunais policiais e xudiciais de desempeñan un papel significativo en ocultar a violencia na esfera privada. Traballaron malia tódalas ameazas de tortura e morte para documentar a tortura sexual baixo custodia, que era unha práctica común das forzas do estado nos anos 90, e a levou ante tribunais internacionais.

O TJA introduciu e integrou o Contrato Social das Mulleres a todo programa e código de condutas/estatutos de partidos políticos, gobernos locais e sindicatos cos que está relacionada, co obxectivo de previr tódolos xeitos de violencia contra as mulleres e o seu empoderamento en tódalas esferas. O sistema de copresidencias adoptado e posto en práctica por tódolos partidos políticos asociados, os gobernos locais e as institucións para a representación equitativa das mulleres en tódolos niveis dos procesos de toma de decisións converteuse nun sistema de precedencia mundial. Os métodos de intimidación e arresto do goberno do AKP para previr a práctica do sistema de copresidencias non nos pode disuadir.

A sociedade libre que estamos a construír mediante a loita e posta en práctica na vida é tamén un grande golpe ao mundo das ideoloxías machistas e das ciencias positivistas. Mentres estamos construíndo as bases dunha sociedade ecolóxica democrática baseada na liberdade das mulleres a través da xineoloxía, estamos rescribindo o mundo de pensamento e ciencias patriarcal. A nosa comprensión é que calquera escola de ciencias sociais sen un adecuado tratamento da realidade das mulleres será limitada en proveer unha comprensión completa das contradiccións sociais e as súas solucións. Así, a xineoloxía coma sistema de pensamento non só busca fortalecer o estatus da muller no mundo do pensamento e as ciencias, senón que tamén busca a transformación social.

TJA continuará loitando até que cada muller esté organizada. A organización independente das mulleres e a competencia nas esferas política, social e cultural, considérase parte integrante da autodefensa das mulleres. As mulleres empoderadas a través da súa organización en tódalas esferas, dende a economía á política, dende a ecoloxía ata os gobernos locais, é a pedra angular da transformación social.

TJA continuará loitando e resistindo os ataques reaccionarios da mentalidade machista e a súa extensión política, o AKP en Turquía, mediante a organización das mulleres en tódalas esferas da vida. A tendencia crecente do reaccionismo, o racismo e a violencia contra as mulleres só pode ser derrotada pola loita unida e común das mulleres en todo o mundo.

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram