Reflexión en torno das pintadas en diferentes edificios do patrimonio cultural

Reflexión en torno das pintadas

en diferentes edificios do patrimonio cultural

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reclamamos o valor do patrimonio para o pobo e rexeitamos o seu secuestro por parte da xerarquía relixiosa. Denunciamos ademáis que a Igrexa Católica ten acordos co Estado a través dos que se financia e evade impostos, que incide na vida das mulleres a través dos resortes do poder e que cómpre, hoxe máis que nunca na Galiza, unha forte campaña para reivindicar a seperación Igrexa-Estado.

Somos unhas firmes defensoras da apostasía como ferramenta para a crítica da xerarquía da igrexa, que non das persoas relixosas, que contribúa a diminuír a influencia e o finanzamento de quen pretende incidir nas decisións políticas que nos afectan ás mulleres.

Para nós, mulleres activistas, o patrimonio cultural do noso pobo non é o lenzo no que expresar a nosa disconfirmidade coa Igrexa nen co sistema que a sustenta e lle dá o poder que ten sobre as nosas vidas. Mas chamamos a exercer presión social e institucional para diminuír o seu poder e a súa influencia con todas as ferramentas que teñamos ao alcance, que non danen aquello que é comunitario e que debemos preservar entre todas.

A Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres condena asasinatos machistas, violencia contra as mulleres ou o criminal sistema económico que nos devora, mas non a protesta social, mesmo cando non a compartamos en fondo ou forma. O que si facemos é animar a encher de reivindicación fachadas de espazos que si nos mancan: casas de apostas, bancos, transnacionais, espazos de explotación de mulleres, rúas, paredes e espazos públicos diversos para facer que os muros das nosas cidades berren por un mundo máis xusto.

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram