28S // Dereitos sexuais e reprodutivos.

O 28 de setembro é o Día de Acción Global polo acceso ao aborto legal e seguro. Desde a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado polo movemento feminista no ano 2010 a través da lei de interrupción voluntario do embarazo.

Coa posterior modificación do Partido Popular en 2015 as mulleres de 16 e 17 anos ven privada a súa capacidade decisión sobre os seus corpos pois deben conseguir un permiso paterno (ou xudicial) para interromper un embarazo. Neste ano 2022 sairá adiante por fin a modificación lexislativa que devolva ás mulleres de 16 e 17 anos a capacidade de decidir sobre os seus corpos e a maternidade.

Para alén diso a sanidade pública galega, amparada na incompleta lei do 2010, esta a financiar abortos en clínicas privadas debido a casos de obxección de conciencia do persoal sanitario. En casos de interrupcións voluntarias de embarazos de máis de 9 semanas no que a motivación é a saúde psicolóxica da muller a sanidada pública non é quen de garantir a realización da intervención e acaba financiando a mesma en centros privados. Así dende Ourense e Lugo as mulleres teñen que desprazarse fóra da provincia. En casos nos que se superan as 14 semanas os desprazamentos son mesmo fóra da Galiza, coa dificuldade engadida que ten o desprazamento a tantos kilómetros para unha intervención médica. Esiximos que o SERGAS garanta a IVE libre e todos os casos médicos que a lei permite.

Así o dereito ao aborto seguro e na sanidade pública aínda é hoxe unha conquista pendente no noso país. Cómpre mudar a lexislación para que o personal sanitario non poda negarse a facer unha intervención legal e impedir asi que a IVE se convirta nun negocio máis para as clínicas privadas, financiado co diñeiro de todas, incrementando o gasto que implicaría unha intervención no centro máis próximo ao lugar de residencia da muller.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado polo movemento feminista no ano 2010 a través da lei de interrupción voluntario do embarazo e coa modificación que terá lugar neste 2022 tamén garantindo medios para que exista educación afectivo sexual nas escolas, acceso a anticonceptivos nos centros quérote e recursos e programas sobre reproducción nas institucións locais como os CIMM, más Centros de Orientación Familiar con recursos e personal co fin de colocar todas as ferramentas ao dispor das mulleres que permitan reducir as IVE, e en todo caso, garantilas na sanidade pública.

Alén de todo isto, denunciamos:

  • O desenvolvemento do Real Decreto Lei 7/2018 sobre Acceso universal ao sistema nacional de saúde é insuficiente e xera situacións de vulneración do dereito á saúde, concretamente o dereito á atención da saúde sexual e reprodutiva, con trabas administrativas a mulleres embarazadas en situación de irregularidade ou petición de asilo.
    Este tipo de atención depende da vontade das e dos profesionais e isto provoca situacións de descoñecemento e irregularidades na atención.
  • Que Galiza sexa a CA que menos matronas ten no Estado Español, hai tan só 1 por cada 10.000 habitantes.
  • Que malia a moción presentada no Parlamento Galego no 2019 a día de hoxe a Xunta segue aplicando a obxección de conciencia por cuestións ideoloxicas para non practicar IVEs.
  • Que partir da semana 14 o sergas non practica abortos euxenésicos.
  • Que educación sexual segue sen ser obrigatoria nin estar presente no currículo escolar na ensinanza obrigatoria.
  • Esiximos tamén que a Xunta de Galiza abandone a súa pasividade e desinterese para asumir as súas competencias e garantir:
  • Unha liña de programas de formación e divulgación sobre dereitos sexuais e reprodutivos a través dos CIMM en colaboración coas entidades locais.
  • Campañas especificas de acceso a anticonceptivos e programas de educación afectivo sexual a través dos Centros Quérote +
  • Unha materia obrigatoria no Ensino Obrigatorio con contidos específicos sobre educación afectivo-sexual, relacións, identidade e xéneros.

DEREITO AO ABORTO XA. ESTAMOS FARTAS DE AGARDAR. ABORTO LIBRE E GRATUITO FORA DO CÓDIGO PENAL, NA GALIZA E EN TODOS OS PAÍSES DO MUNDO!

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram