En tempos de ruído o encontro, a conversa e o debate sosegados son a mellor forma de atoparnos. Por iso desde a Marcha Mundial das Mulleres queremos achegarnos á Lei Trans desde o apoio ás compañeiras trans e á loita polos seus dereitos e a conversa sorora ante un texto de lei que, coma todos os que recollen dereitos desde institucións moitas veces alleas a nós, terán cousas das que gostemos máis ou menos e cousas que poidan e deban ser melloradas.
Non queremos que esta lectura feminista e esta achega ao debate parta doutro sitio que a sororidade, e a loita das mulleres trans como máis unha loita das mulleres feministas, por iso e porque queremos que este debate sexa un espazo seguro, o encontro será mediante inscripción previa e nel non se admitirán ofensas a ningunha compañeira.
Queremos que este encontro/conversa sirva para disipar dúbidas e para pór en común argumentos para o combate de discursos de odio e tamén para partillar aquelas cuestións que nos interpelan e que espertan en nós dúbidas ou preguntas que, estamos seguras, somos capaces de resposar mellor entre todas.
Aquelas compañeiras que queiran participar deberán anotarse no 639 63 03 92 e recibirán o texto lexislativo rexistrado por CUP, ERC, Compromís, JxCAT, MásPaís/Equo e Nueva Canaria no Congreso das Deputadas para a súa aprobación co fin de que todas leamos o articulado e sinalemos aquelas cuestións que nos interpelen para o debate colectivo.
DESACARGA O TEXTO para ler e preparar o encontro [ AQUÍ ]
Agardámosvos para seguir en marcha até que todas e todes sexamos libres!