28M: Votar feminismo para transformar a realidade

Campaña 28M

Este 28M hai eleccións municipais en Galiza en dende a Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres queremos chamar á reflexión sobre a necesidade de apostar por proxectos políticos que leven ás institucións un compromiso real coas políticas de igualdade.

Os Concellos son as administracións máis próximas ás veciñas e ferramentas fundamentais para ampliar dereitos e garantir os que xa temos acadado.

Non reclamamos ás administracións locais que suplan as carencias das políticas propias doutras institucións mas queremos que o compromiso coa loita feminista e coas políticas de igualdade sexan reais e non un mero anuncio ou slogan para captar votos.

Chamamos ao electorado a analizar os programas, cuestionar e revisar as propostas que os acompañan, fóra de actos de propaganda ou colocar mulleres nas listas ás veces cun compromiso real e outras como mero formalismo, precisamos recursos e políticas reais, proxectos con visións a medio e longo prazo e políticas transversais en concellalías de igualdade con capacidade real de intervir socialmente.

Reclamamos ademáis un compromiso maior na loita contra a violencia machista apartando das listas a machistas e agresores, estamos fartas de que se amparen os comportamentos machistas e se premie con visibilidade a agresores.

Se non hai un compromiso real coa igualdade, con orzamentos claros e políticas públicas transformadoras que non conten co noso apoio!

Que o voto deste 28M sexa outro exercicio de mobilización feminista!

Estes son os nosos mínimos:

  • Políticas públicas feministas
  • Orzamentos para igualdade
  • Listas sen machistas nen agresores
  • Compromisos reais coa igualdade

Descarga o material para as túas redes sociais e para colar pola túa vila.

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram