Protexer ás crianzas non é delito.

Custodias compartidas, visitas non tuteladas, patrias potestades… até cando os dereitos dos agresores por diante dos dereitos das crianzas a vivir sen violencia? até cando criminalizar ás mulleres que defenden as súas crianzas do maltratador? até cando xulgados nos que os dereitos do maltratador se colocan por diante de calquera outro? até cando unha xustiza cega á violencia vicaria? até cando a explosión social na traxedia mas a inacción no día a día?

Berremos basta de violencia, e organicémonos para acabar con ela!

// Actividades Ourense (xuño – agosto)

Feminismo 365 días no ano!

A coordenadora local de Ourense recolleu neste cartaz as súas actividades de xuño, xullo e agosto.

Botade un ollo e participade!

Actividades:

Xuño:

10 de xuño ás 19.30. Café feminista. Feminista e Queer. é posíbel?

24 de xuño ás 19.30. Mesa redonda transfeminismo ferramenta de presente e de futuro.

Xullo:

8 de xullo ás 19.30. Café feminista. Cando molesta un corpo de muller espido?

9 de xullo ás 20. Proxección Monstras.

16 de xullo ás 20. Proxección Monstras.

29 de xullo ás 22. Trivial feminista.

Agosto:

12 de agosto ás 19.30. Café feminista. Podemos debater de prostitución sen crispación?

26 de agosto ás 20. Olimpiadas Feministas.

Contra a censura da exposición “Corpos, Feminismos e Territorios”

[ Baiona ] Lume á censura e aos censores

O Partido Popular de Baiona denunciou a exposición “Corpos, Feminismos e Territorios” que se expuña no Concello de Baiona no marco do Outubro Diverso sob o pretexto de resultar ofensiva aos sentimentos relixiosas e amosar corpos de mulleres nús nun espazo habilitado para todos os públicos. Dende a Marcha Mundial das Mulleres e como coorganizadoras destas xornadas queremos achegar algunhas reflexións:

>> A exposición ocupa un lugar público porque é no espazo público que o feminismo precisa facerse visíbel para disputar co discurso machista, remover, provocar e transformar. Logo de séculos relegadas ao íntimo e doméstico as mulleres estamos decididas a ocupar o espazo público, asi rexeitamos calquera intento de “ocultar” ou “esconder” o que temos que decir, neste caso unha reflexión en torno dos nosos corpos.

>> A moral e as ideas relixiosas son, estas si, unha cuestión do ámbito privado de cada quen e non poden afectar nen influír nas decisións políticas. Non ven ao caso apelar a unha suposta ofensa dos sentimentos relixiosos para demandar a retirada da exposición. As mulleres padecemos durante séculos a mirada das relixións sobre os nosos corpos, sufrimos o estigma e a perversa división (santas vs putas) pola inxerencia da relixión nos asuntos civís. Rexeitamos que no nome de calquera crenza, se censure a nosa ollada e a das compañeiras sobre a nosa vida e a nosa existencia, e iso inclúe os nosos corpos.

>> A exposición “Corpos, Feminismos e Territorios” é unha exposición fotográfica que aúna arte e reflexións e intervención política, e mesmo que non o fose a censura da súa exposición pública no Concello de Baiona é inaceptábel.

>> Apelar, como fai o Partido Popular á gravidade de que as crianzas podan ver corpos de mulleres nús é a mellor proba do necesario deste tipo de intervencións políticas a través da arte. Vivimos nun mundo no que os corpos das mulleres son mercantilizados, agredidos, mutilados, sexualizados e maltratados precisamente pola falta de normalización da diversidade dos nosos corpos, pola falta de olladas desexualizadas sobre eles e pola falta de normalizar a visión do corpo fóra da ollada patriarcal.

>> Sabemos que o Partido Popular non é feminista, e tamén sabemos que asume os avances que o feminismo consegue pola presión social dun movemento cada vez máis grande e potente. A pretensión de censurar esta exposición é a enésima mostra do conservadurismo da dereita e apelamos ao resto de forzas políticas a non ceder ante estas posicións.

>> Estamos orgullosas de ter colaborado na organización destas xornadas e dos contidos das mesmas, ademáis tanto no traballo colectivo que deu como resultado a exposición “Corpos, Feminismos e Territorios” como no Fanzine Galiza Nación Cuir para o que foi feito estan envolvidas compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres, outro motivo de orgullo para nós.

#Censura#Baiona#OPPCensura#Corpos#Territorios#Machismo#Libres#LumeÁCensuraConcello de Baiona, Casa Colorida

As imaxes da exposición son de Alexandre Folgoso. Grazas tamén a el por colocar o seu talento ao servizo deste proxecto.

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram