Seguimos debatendo e criando espazos seguros para falar de acordos e disensos. Para cuestionarnos e pór en común ideas e preocupacións.
Este mércores 16 temos unha nova ocasión para a fala e o debate pausado e sororo.
Estades todas convidadas!
Construíndo feminismo anticapitalista dende o 2000
Seguimos debatendo e criando espazos seguros para falar de acordos e disensos. Para cuestionarnos e pór en común ideas e preocupacións.
Este mércores 16 temos unha nova ocasión para a fala e o debate pausado e sororo.
Estades todas convidadas!
Neste 17 de maio, Día Internacional contra a LGBTIfobia desde a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos o noso dereito a ser libres e a vivir en liberdade os nosos afectos e desexos.
Camiñamos cara unha sociedade na que todas sexamos libres.
TODOS OS DESEXOS, TODOS OS DEREITOS.
O 26 de abril é o Día da Visibilidade Lésbica, que rachen todos os armarios e os prexuízos sociais para vivirmos con liberdade as nosas identidades e relacións afectivo-sexuais.
Queremos todos os dereitos e reivindicamos todos os desexos!
En tempos de ruído o encontro, a conversa e o debate sosegados son a mellor forma de atoparnos. Por iso desde a Marcha Mundial das Mulleres queremos achegarnos á Lei Trans desde o apoio ás compañeiras trans e á loita polos seus dereitos e a conversa sorora ante un texto de lei que, coma todos os que recollen dereitos desde institucións moitas veces alleas a nós, terán cousas das que gostemos máis ou menos e cousas que poidan e deban ser melloradas.
Non queremos que esta lectura feminista e esta achega ao debate parta doutro sitio que a sororidade, e a loita das mulleres trans como máis unha loita das mulleres feministas, por iso e porque queremos que este debate sexa un espazo seguro, o encontro será mediante inscripción previa e nel non se admitirán ofensas a ningunha compañeira.
Queremos que este encontro/conversa sirva para disipar dúbidas e para pór en común argumentos para o combate de discursos de odio e tamén para partillar aquelas cuestións que nos interpelan e que espertan en nós dúbidas ou preguntas que, estamos seguras, somos capaces de resposar mellor entre todas.
Aquelas compañeiras que queiran participar deberán anotarse no 639 63 03 92 e recibirán o texto lexislativo rexistrado por CUP, ERC, Compromís, JxCAT, MásPaís/Equo e Nueva Canaria no Congreso das Deputadas para a súa aprobación co fin de que todas leamos o articulado e sinalemos aquelas cuestións que nos interpelen para o debate colectivo.
DESACARGA O TEXTO para ler e preparar o encontro [ AQUÍ ]
Agardámosvos para seguir en marcha até que todas e todes sexamos libres!
O 23 de setembro é o Día da Visibilidade Bisexual. Un colectivo da sexodiversidade cuestionado tanto pola heteronorma como en ocasións polas identidades monosexuais. Porque hai moitas formas de non ser heterosexual e contra a bifobia, BI-sibilízate!
Neste 28 de xuño, Día do Orgullo, dende a coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres reclamamos o compromiso de toda a sociedade coa loita por conquistar Dereitos para TODAS.
En momentos nos que os discursos fascistas atopan altofalantes e medran nunha sociedade na que o lucro e o consumo vertebran a vida das persoas é máis importante que nunca alzar a voz e posicionarse con claridade contra as ideoloxías reaccionarias que negan dereitos.
O feminismo é a ferramenta máis potente que temos para loita contra o patriarcado, o capitalismo, o racismo e o imperialismo, e para conquistar dereitos sociais e políticos para todas. Non seremos unha voz cómoda para quen pretenda, en nome do feminismo, decidir quen debe ou non conquistar os dereitos que lle corresponden e estaremos en fronte de todo feminismo LGBTFóbico que pretenda excluír a compañeiras de loita.
💜Como mulleres lésbicas esiximos visibilidade e o fin das discriminacións que sufrimos, como os problemas que se colocan ao rexistro das crianzas cando non estamos casadas.
💙 Como mulleres trans esiximos unha Lei Trans que poña fin ás violencias institucionais que se exercen sobre nós e os nosos corpos para o recoñecemento da nosa identidade.
💙 Como mulleres bisexuais esiximos o fin da estigmatización e a invisibilidade dentro e fóra do movemento e o recoñecemento das violencias que recibimos da heteronorma.
💛 Como mulleres con diversidade funcional esiximos o fin da invisibilización e o paternalismo machista que nos considera mulleres de segunda.
💙 Como mulleres negras esiximos o fin do racismo en todas as súas expresións, as nosas vidas importan!
❤️ Como mulleres migrantes esiximos o fin das Leis de Extranxería que nos criminalizan e someten a procesos de violencia institucional e xenofobia impedindo que podamos procurar unha vida digna.
💙 Como mulleres empobrecidas esiximos o fin dun sistema criminal como o capitalista que coloca o lucro por diante das vidas.
💚 Como mulleres rurais esiximos o dereito á terra e a vivir con dignidade e servizos públicos de calidade nas nosas aldeas.
❤️ Como mulleres galegas esiximos que o noso pobo poda exercer o seu dereito á autodeterminación en pé de igualdade co resto de pobos do mundo.
Como mulleres que somos organizámonos para transformar a sociedade e construír un mundo de xustiza social sen violencias no que sermos plenamente libres.
#Orgullo2020 #OrgulloLBT #MulleresTrans #MulleresLésbicas #MulleresBisexuais #Mulleres