Dereitos Laborais – Folga da limpeza

Son moitos os sectores en pé estes días en defensa dos dereitos das traballadoras, o da limpeza leva 4 días en folga na provincia da Coruña na negociación do convenio colectivo.

A loita pola dignidade dun sector feminizado que reclama que o seu traballo sexa recoñecido socialmente e que se respecte o dereito a ter unhas condicións laborais, salariais e sociais aos máis de 10.000 traballadores, dos que 8.000 son mulleres.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos amosarlles a nosa sororidade e acompañalas na súa loita por un sector e un traballo IMPRESCINDÍBEL como poucos.

As empresas lucráronse en aumentarios beneficidos durante a pandemia a base de explotar ás traballadoras, é imprescindíbel loitar para que melloren as súas condicións de traballo e para dignificar un oficio fundamental para o desenvolvemento da vida.

O capitalismo en alianza estratéxica co patriarcado tira valor a todos os traballos de reproducción da vida facilitando asi a explotación das miles de mulleres que os realizan. Como feministas e como anticapitalistas temos que ser capaces de apoiar, acompañar e impulsar estas loitas xunto ás nosas compañeiras para colocar no centro do debate político o dereito das traballadoras.

https://youtu.be/tB92B53paos

Forza e adiante coa greve da limpeza!
Nen un paso atrás!

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram