Nacionalización de Alcoa xa!

524 despedimentos na Mariña significan desemprego, pobreza e angustia na vida de moitas persoas e as causas son a xestión que dos nosos postos de traballo e vidas fan as corporacións e as transnacionais que abren e pechan industrias onde máis e mellor poden explotar ás traballadoras e ao medio.

Hoxe é urxente loitar polos empregos de miles, tan urxente como denunciar o papel do capital trasnacional no empobrecemento destas traballadoras e como falar da urxente necesidade dunha transición ecolóxica que faga compatíbel o emprego e a vida das persoas e o coidado e sustento da natureza.

O conflito é entre o capital e a vida, denfendemos a vida e o traballo digno na nosa terra!

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram