O 28 de setembro é o Día de Acción Global polo Acceso ao Aborto Legal e Seguro. Desde a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres revindicamos a necesidade de facer efectiva a interrupción voluntaria do embarazo en Galiza na sanidade pública.
Hai menos dun mes sinalabamos como as políticas da Xunta de Galiza agravan a saúde das mulleres. Políticas como a licitación de convenios para a derivación de abortos con clínicas privadas por 1,4 millóns de euros que poderán chegar aos 2,5 millóns.
Así, o dereito ao aborto seguro e na sanidade pública é aínda hoxe unha conquista pendente en Galiza. A administración pública debe contar con recursos suficientes na rede sanitaria pública galega para facer efectivo este dereito e non favorecer que as IVEs se convirtan nun negocio máis para as clínicas privadas, financiadas cos cartos de todas.
Descarga o manifesto completo aquí
Hoxe saímos ás rúas de Galiza para pedir un aborto libre, seguro e garantido na sanidade pública!
Mobilizacións:
A Coruña, 20h no Materno
Compostela, 19:30h diante do CHUS
Ferrol, 20h diante do Arquitecto Marcide
Lugo, 20h diante do HULA
O Porriño, 20h diante do Centro Médico
Ourense, 20h diante do CHUO
Pontevedra, 20h Hospital Provincial