As compas da Coordenadora Local de Compostela queren amosar a súa solidariedade coas xogadoras do SD Amio, ás que a directiva do clube lles nega a posibilidade de xogar noutro equipo ao non entregarlles as cartas de liberdade.
O 24 de Abril de 2013 o Rana Plaza caeu matando 1127 persoas. O edificio aloxaba catro fábricas de roupa independentes con cerca de 5000 empregadas.
As fábricas de roupa producían vestiario para marcas como o Grupo Benetton, The Children’s Place, Primark, Monsoon, DressBarn, grupo Inditex e H&M. Máis de metade das vítimas foron mulleres, xunto con varias das súas crianzas.
A responsabilidade social corporativa das cadeas de tendas nunca se cumpriu e as familias agardan até hoxe as indemnizacións debidas.A Marcha Mundial de Mulleres marca, todos os anos, este dia como un dia de loita e solidariedade feminista contra a explotación laboral das mulleres, dos recursos naturais e do capitalismo salvaxe que nos condea.
Este ano o día 26 en Vigo ás 18h facemos unha acción de rúa pola memoria de Rana Plaza.