// Vigo: Por que falamos de prostitución no marco da violencia machista?

O xoves 4 de novembro temos un Vigo a oportunidade de debater dun dos temas que máis controversia causa no movemento feminista mas sobre o que é preciso traballar para construír un mundo libre de violencia.

Achegádevos a participar no coloquio e a escoitar a Silvia Pérez Freire.

+ info sobre a poñente: https://imaginariosyrepresentaciones.com/miembros/silvia-perez/

Vigo// Exposición sobre a pobreza.

Co gallo do 17 de outubro, Día Internacional pola erradicación da pobreza, as compañeiras da Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo organizou unha exposición que estará un mes na Cantina Candela (Martín Códax, 12) de láminas sobre mulleres, pobreza e guerra.

A pobreza extrema afecta a milleiros de persoas no mundo. No ano 2015 uns 736 millóns de persoas vivían e subsistían con menos de 2 € diarios e no ano 2018 o 55% da población mundial non tiña acceso a ningún programa de axuda social. No 2020 ata 100 millóns de persoas caeron na pobreza debido a pandemia.

A maioría das persoas que viven por debaixo do umbral da pobreza atópanse principalmente nas rexións da Asia meridional e a África subsaxariana. As altas taxas de pobreza atopámolaa a míudo en países pequenos, fráxiles e afectados por conflictos armados e os consecuentes desplazamentos por sobrevivir.

Nestas cifras de pobreza, o 60% das persoas que a padecen son mulleres e nenas. A pobreza ten nome de muller. Pese a que colaboramos igual que os homes na creación de riqueza, no reparto desta somos marxinadas. Os nosos traballos son os máis precarios, os menos dignificados e o traballo dos coidados, que asumimos maioritariamente, é invisibizado e súmase en moitos casos nunha dobre xornada.

Colaboramos, pois, dobremente nesa riqueza da que a maioría de nós non nos beneficiamos.
Nun mundo de progreso, caracterizado por niveis desorbitados de recursos financieiros e desenvolvemento económico, con grandes avances e medios tecnolóxicos resulta impensable e insultante que millóns de persoas vivan na extrema pobreza.

Este problema non corresponde exclusivamente a unha falta de ingresos se non que se trata dun fenómeno multidimensional que comprende ademais a falta das capacidades básicas para vivir con dignidade.

Cando a impresión xeralizada é a que a vida das mulleres está mellorando en todo o mundo a realidade e as cifras desminten este tópico.
O capitalismo e o patriarcado precisan da pobreza, precisan da desigualdade, precisan da inxustiza para existir. Son contrarios a unha vida digna. O beneficio social non o miden os cartos. Por todo isto, temos que reformular as reglas económicas e apropiarnos do noso dereito a unha vida digna e reivindicar o espazo neste mundo que nos debe pertencer por igual a todas.

Horario da Cantina Candela: de 19 a 1h (domingos pechados)

Vigo / Agresión ao mural feminista

Na pasada noite atacaron o mural feminista que fixemos coas Tamborililás na Gran Vía de Vigo.Condeamos a misoxinia, machismo e fascismo deste ataque.

Tinguiremos todos os muros de lilás porque o feminismo non para até que todas sexamos libres!

+ INFO:

[MURAL FEMINISTA] AS NOSAS PIONEIRAS

“As nosas pioneiras” en solidaridade co mural bandalizado de Ciudad Lineal.

O feminismo en Vigo rende homenaxe ás mulleres pioneiras cun mural de 27 metros cadrados na Gran Vía.

A Marcha Mundial das Mulleres xunto coa @BatukadaFeministaTamborililas, ambos colectivos de Vigo, adicaron o domingo máis o luns a traballar nun mural co que homenaxeamos a mulleres que loitaron contra as desigualdades na nosa terra. Durante dous días sobre quince mulleres colaboramos co mural para telo rematado na Avda. Gran Vía 99.

O mural, para o que se conta coa colaboración especial da ilustradora Eva Casais, recolle os rostros de 7 mulleres galegas, unha pequena mostra de todas as que adicaron as súas vidas para acadar unha sociedade igualitaria e libre de machismo.

Díptico sobre as mulleres:

Galería de imaxes:

*Imaxes de compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres, Batukada Feminista e de Paula Cermeño da Movida de Vigo.

As mulleres non somos mercadoría!

As compañeiras da Coordinadora Local se Vigo realizaon este domingo 27 de setembro un mural colectivo contra a explotación dos corpos das mulleres co galo do 28 de setembro, Día da Acción Global por un Aborto Legal e Seguro e tamén o Día dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos.

As mulleres non somos mercadorías! Non á explotación dos nosos corpos!

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram