Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres Galiza ante os feitos de abuso sexual que se denuncian contra o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca

Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres Galiza ante os feitos de abuso sexual que se denuncian contra o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca: 

A Marcha Mundial das Mulleres en Galiza quere expresar con absoluta contundencia a súa condena fronte ás graves acusacións de acoso feitas contra o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a nosa solidariedade plena coas mulleres denunciantes. Sabemos que non é doado sinalar situacións de violencia machista en estruturas de poder que, demasiadas veces, actúan como barreiras silenciosas.

Ademais, queremos condenar explicitamente as declaracións realizadas por José Tomé ante as acusacións, nas que califica as denuncias como “montaxe” e resta credibilidade ás vítimas. Este tipo de respostas non só revitimizan ás mulleres que deron o paso, senón que reproducen os patróns do machismo institucional.

Ante a gravidade destes feitos: 

  1. Exiximos a dimisión inmediata de José Tomé de todas as súas responsabilidades políticas e institucionais. A exemplaridade pública é incompatible con manter no cargo a alguén sobre quen recaen acusacións tan graves.
  2. Demandamos que o PSOE actúe con responsabilidade e sexa exemplar, evitando ratificar que é un partido que só performa feminismo cando lle convén, incapaz de actuar con firmeza cando as violencias machistas aparecen no seu seo. Nestes momentos debe decidir se é unha forza sistémica que antepón a súa autoprotección á defensa das mulleres ou non. É por isto que EXIXIMOS que pidan a dimisión inmediata e se deixen de dilacións e cálculos políticos.
  1. Solicitamos ao PSOE unha investigación interna rigorosa e independente, e exiximos que quen coñecese os feitos e non actuase abandone o partido e os seus cargos, pois o silencio perpetúa a violencia.
  1. Manifestamos que a ausencia dunha denuncia xudicial non invalida a gravidade das acusacións nin debe servir de escusa para a inacción. Os protocolos galegos de violencia machista non condicionan a actuación institucional á existencia de denuncia penal.

Instamos ao resto de organizacións políticas, nomeadamente ao Partido Popular,  a non utilizar este caso como arma arroxadiza, tendo en conta os precedentes moi recentes da súa actuación neglixente co Conselleiro Villares. A violencia machista é estrutural e manifesta tamén o seu poder en escenario políticos, partidarios e institucionais.

Denuncias como esta, como a do ex-conselleiro Alfonso Villares ou as doutros cargos socialistas coñecidas estes días, son síntoma dun machismo estrutural profundo que a sociedade galega está obrigada a confrontar.

A violencia machista é algo inherente ás estruturas sociais actuais, pero iso non significa que sexa inevitable. A diferenza está en escoller entre ser valentes ou ficar caladas, entre actuar ou consentir. Debemos estar do lado da valentía, da transparencia e da protección das agredidas. As declaracións públicas de José Tomé e a súa negativa a dimitir representan a opción contraria: a de blindarse, minimizar, negar e manterse no poder custe o que custe. Así como o posicionamiento actual do PSdeG: non exixir responsabilidades, escorrer o vulto e botar balóns fóra. 

Expresamos o noso apoio ás mulleres que deron o paso de denunciar. Pedimos máximo respecto á súa confidencialidade e agardamos que non exista calquera filtración ou cuestionamento público destas mulleres.

Comunicado da MMM en relación á manifestación do 25 de Novembro de 2025 en Compostela

Comunicado 25N 2025

A Marcha Mundial das Mulleres de Compostela convoca á manifestación do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres, con saída ás 20h desde a Praza 8 de marzo, cun percorrido similar ao dos últimos anos, e rematando na Praza de Praterías.

Neste 25 de novembro do 2025, mobilizámonos sob o lema Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista, porque sabemos que a violencia institucional constitúe o carácter estrutural da violencia machista, permeando a cada ámbito da vida e impedindo a conquista dos nosos dereitos. Precisamos reconstruír con perspectiva feminista toda a engrenaxe institucional da nosa sociedade para eliminar as discriminacións e as violencias que sufrimos as mulleres galegas. Con esta tarefa e a organización como a nosa mellor ferramenta seguimos en marcha, até que todas vivamos libres de violencia.

Desde o feminismo organizado, desde a Marcha Mundial das Mulleres, levamos décadas denunciando os crimes machistas como máxima expresión da violencia machista, mais esta violencia toma numerosas formas que tecen unha rede de opresión sobre as mulleres, nomeadamente as de clase traballadora, que cómpre enfrontar en todas as súas dimensións para avanzar na transformación social e na construción dunha sociedade xusta e feminista.

A violencia institucional ocorre cando axentes ou membros de organismos públicos levan a cabo de xeito inadecuado as súas funcións e non proporcionan nin a información nin os servizos de forma adecuada provocando un trato inxusto e incorrendo en situacións de abuso de poder. Neste sentido, calquera autoridade pode incorrer neste tipo de prácticas que teñen efectos discriminatorios e negativos directos nos dereitos das mulleres e que poden afectar tanto a integridade individual como a colectiva.

Velaí os eixos polos que este ano saímos ás rúas no 25N. En Compostela será nunha manifestación convocada pola MMM que sairá da Praza 8 de marzo ás 20h. No que respecta a esta convocatoria, queremos trasladar que nos últimos anos, tanto nas datas do 8M como do 25N a MMM ven convocando manifestación en solitario despois de situacións vividas en convocatorias conxuntas, pola disensión existente con outros colectivos na abordaxe de cuestións como a transexualidade. Na manifestación do 25 de novembro do ano 2023 e en aras da unidade do feminismo, decidimos dar pasos para acadar unha manifestación única, como así tivo lugar. Mais, lamentabelmente houbo quen aproveitou esa convocatoria conxunta para amosar condutas transfóbicas, cousa que desde a MMM non toleramos. Tivemos coñecemento de feitos moi desagradábeis acontecidos nesa manifestación do 25N de 2023, entre eles agresións ao colectivo LGTB+, polo que a nosa organización decidiu non volver convocar conxuntamente cos outros colectivos implicados, que acollen persoas con esas condutas transfóbicas.

Por iso, igual que fixemos o pasado 25 de novembro de 2024 e o 8 de marzo deste ano, de cara a este 25 de novembro desde a MMM preparamos a manifestación conmemorativa do 25N en Compostela. A MMM de Compostela, comunicou en tempo e forma á Subdelegación do Goberno a celebración dunha manifestación o 8M, con saída ás 20h desde a Praza 8 de marzo. Mais a nosa sorpresa foi atoparnos con outra convocatoria, que se lanza para a mesma hora e lugar, e coa pretensión de ser unitaria, mais na que figura como organizadora algunha das mesmas plataformas que en varias ocasións e concretamente na manifestación do 25N 2023 ampararon as condutas tránsfobas polas que decidimos non volver convocar conxuntamente.

A nosa sorpresa foi maior, ademais, ao coñecer que a Subdelegación do Goberno, logo do informe favorábel da Policía Local de Compostela, autorizou dúas manifestacións que concordan en hora, lugar e percorrido, algo que no pasado xa supuxo confusión e mesmo problemas de seguridade e que, desde logo, non é o proceder habitual nestes casos.

Facemos un chamamento a aquelas mulleres que consideran, coma nós, que o feminismo é unha loita diaria que busca estabelecer e mellorar os dereitos das mulleres. Para a MMM o suxeito político do feminismo é a muller, sen importar o pasaporte, nin o q diga o D.I., nin o que se lea socialmente negando a nosa voz. Para nós muller é a persoa que coida, que é nai se quere, que aborta se lle peta, que non ten descendencia se así o decide, solidaria, sacrificada, que non promociona no traballo porque hai barreiras que llo impiden, que sofre violencia machista, institucional, obstétrica, e que loita todos os días para derrubar un patriarcado que a oprime pola súa condición, sexa esta biolóxica ou non. Esas son as mulleres polas que loitamos as mulleres da MMM. E non imos pasar por sumarnos a convocatorias que baixo a aparencia da unidade agochan condutas que van en contra desta cuestión fundamental para as mulleres e para a nosa organización, ademais de pretender invisibilizar o traballo de organizacións que loitamos todo o ano pola fin do patriarcado.

Tamén queremos comunicar publicamente algo que xa trasladamos tanto á Subdelegación do Goberno como á Policía Local: non entendemos como se autorizan dúas manifestacións concorrentes en hora e lugar e, desde logo, facemos responsábeis a estas institucións que así o autorizaron das incidencias ou problemas que poidan xurdir na xestión e transcurso destas manifestacións.

Nese sentido, cobra aínda máis valor o lema da campaña da Marcha Mundial das Mulleres para este 25N: Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista.

Ante o feminicidio de Maritza na Coruña

🔴🔴 ALERTA FEMINISTA 📢 MOBILIZACIÓNS 🔴🔴

Novamente un asasinato machista na Galiza e un goberno ausente, cando non cómplice de agresores. Este martes 17 de xuño respostamos novamente nas rúas cheas de indignación ante un novo feminicidio!

Todas á rúa, BASTA DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!

CONCENTRACIÓNS

A Coruña, 20h Obelisco
A Guarda, 20h Praza Avelino Vicente
As Pontes, 20:30h Praza do Hospital
Betanzos, 20h Palco da Música
Carnota, 20h Praza da Pedra
Cee, 20:30h Praza 8 de marzo
Celanova, 19:30 Praza das Pitas
Chantada, 20:30h Praza do Cantón
Compostela, 20h Praza 8 de marzo
Ferrol, 20h Praza de Armas
Lalín, 20:30h KM0
Melide, 20:30h Praza do Convento
Moaña, 19:45h Praza do Concello
O Porriño, 20h diante do Concello

O Rosal, 20h diante do Concello
Ourense, 20h Castañeira
Padrón, 21h diante do Concello
Ponteceso, 20:30h Praza do Recheo
Pontedeume, 20h diante do Concello
Pontevedra, 20h Audiencia Provincial
Ribadavia, 20h Praza da Madalena
Ribadeo, 20h Praza 8 de marzo
Ribeira, 20h Praza do Concello
Tui, 20h Praza da Inmaculada
Val Miñor, 20h Cruce da Ramallosa
Vilalba, 20:30h Casa da Cultura
Vigo, 20h no MARCO
Vilagarcía, 20h Praza de Galiza

MANIFESTO

MATERIAL PARA AS MOBILIZACIÓNS

Ante o asasinato de Estela Blach Silva en Baiona:

Desde a Marcha Mundial das Mulleres, ante o asasinato de Estela Blach Silva, de 36 anos, en Baiona, queremos reiterar a nosa solidariedade e apoio aos seus seres queridos. Asemade, esiximos ás institucións que aceleren as investigacións sen dilatar ou relegar a confirmación do caso como un feminicidio oficial.

O recoñecemento da violencia machista como tal e o seu sinalamento público é clave para visibilizala e combatela. Da mesma maneira que noutros casos nos que o retraso na actuación, a falta de transparencia ou a existencia de prexuízos de clase invisibilizaron as vítimas, desde o feminismo galego temos o compromiso de estar pendentes deste caso e reclamar xustiza para Estela Blach. Non permitiremos que ese asasinato quede no esquecemento ou na indiferenza.

A violencia machista asasinou en Galiza xa máis de 70 mulleres desde que temos estatísticas oficiais. Ademais, sabemos que moitas desas estatísiticas borraron durante anos a moitas vítimas por non existir unha relación de parella, polos prexuízos nos operadores policiais e xudiciais e pola demora por parte do Estado español en comezar a aplicar o Convenio de Istambul e unha definición ampla e transversal da violencia machista.

Este sería o cuarto asasinato machista no que levamos de ano. Antes, o femismo galego saímos ás rúas en marzo ante o asasinato de Andrea Yturry Alave. Antes, o feminismo galego saímos ás rúas en agosto ante o asasinato de Mercedes Ríos Muñiz. Antes, saímos ás rúas en outubro ante o asasinato de Fadoua Akkar.

Nesta ocasión permanecemos alerta á espera de confirmación oficial. Alerta máxima porque sabemos había unha denuncia e que había unha orde de afastamento. Sabemos que a vítima fixo todo o que, ás portas deste 25N, imos oír que se lle esixe ás vítimas. Porén, iso non serviu para protexela.

Permaneceremos atentas para que se esclareza este caso e ESIXIMOS QUE SEXA O ANTES POSÍBEL, reclamamos xustiza e reparación e activaremos a resposta nas rúas se non hai confirmación oficial nos próximos días.

Nin unha menos!
Querémonos libres e querémonos vivas!

Ante o feminicidio de Fadoua Akkar

Ante outro crime machista no noso País, o feminismo galego responde con mobilizacións para o luns 7 de outubro ante o feminicidio de Fadoua Akkar en Domaio, concello de Moaña.

Listaxe de mobilizacións:

A Coruña, 20h Obelisco
A Guarda, 20h Praza do Reloxo
A Gudiña, 20h Casa do Concello
As Pontes, 20:30h Praza do Hospital
Betanzos, 20h Palco da Música
Catoira, 20h na Alameda
Celanova, 20h Praza Maior
Chantada, 20:30h Praza do Cantón
Compostela, 20h Praza 8M
Ferrol, 20h Praza de Armas
Lalín, 20:30h KM0
Lugo, 2oh diante do Concello
Moaña, 18h Praza do Concello
O Porriño, 20h diante do Concello
O Rosal, 19h Praza do Concello
Ourense, 20h Castañeira
Ponteceso, 20:30h Praza do Recheo
Pontevedra, 20h Audiencia Provincial
Ribadavia, 20:30h Praza Maior
Tomiño, 20h Praza do Seixo
Vigo, 20:30h MARCO
Vilalba, 20:30h Casa da Cultura

Ante o feminicidio de Andrea Yturry Alave en Ribeira

Ante outro crime machista no noso País, o feminismo galego responde con mobilizacións para o xoves 21 de marzo ante o feminicidio de Andrea Yturry Alave.

Listaxe de mobilizacións:

A Coruña, 20h Obelisco
A Guarda, 20:15h Praza Avelino Vicente
A Gudiña, 12:30h ao lado do Concello
As Pontes, 20:30h Praza do Hospital
Betanzos, 20:30h Palco da Música
Carnota, 19h Praza da Pedra
Catoira, 20:30h alameda do Concello
Celanova, 20h Praza Maior
Chantada, 20h Praza do Cantón
Compostela, 20:30h Praza 8M
Ferrol, 19h Praza de Armas
Lalín, 20:30h KM0
Moaña, 20h Praza do Concello
Noia, 20h diante do Concello
O Porriño, 20h diante do Concello
O Rosal, 20h praza do Calvario
Ourense, 20h Castañeira
Padrón, 20:30h enfronte do Concello
Pontedeume, 19:45h Praza do Concello
Pontevedra, 19:30h Praza da Peregrina
Ribadavia, 20h Praza Maior
Ribadeo, 20h Praza 8M
Val Miñor, 19:30h Cruce da Ramallosa
Vigo, 20:30h MARCO
Vilagarcía, 20:30 Praza de Galiza
Vilalba, 20:30h Praza da Constitución

Manifesto

Ante o feminicidio de Encarnación Regueiro en Oroso

Listaxe de mobilizacións:

A Coruña, 20h Obelisco
A Gudiña, 12:30h Concello
As Pontes, 20h Praza do Hospital
Ames, 12h Praza da Maía
Betanzos, 20h Palco da música
Carnota, 12h Praza da Pedra
Compostela, 20h Praza 8 de marzo
Ferrol, 19h diante do Concello
O Porriño, 12h diante do Concello
Ourense, 12h na Castañeira
Ponteceso, 20h Praza do Recheo
Pontevedra, 18h Audiencia Provincial
Ribadeo, 20h Praza 8 de marzo

Vilalba, 19:30h Casa da Cultura
Vigo, 19h no MARCO

25N // Organicémonos contra as violencias machistas!

A data 25 de novembro, escollida no 1981 no I Encontro Feminista Latino – Americano e do Caribe, presta homenaxe ás irmás Mirabal, vítimas do feminicidio e da ditadura. Elas foron ecarceradas, violadas e asasinadas a mando da ditadura da República Dominicana nos anos 60. En nome da memoria colectiva, o día marca as loitas polo fin das violencias contra as mulleres.

Neste 25 de novembro do 2023, desde a Marcha Mundial das Mulleres en Galiza, mobilizámonos sob o lema Organicémonos contra as violencias machistas, porque achamos máis que imprescindíbel a autoorganización das mulleres, a autoorganización da loita feminista para combater este sistema que nos condena. Porque non imos deixar de loitar até que todas sexamos libres.

Manifesto

Consulta as mobilizacións! [en actualización 23/11]

A Coruña, 19h Obelisco
As Pontes, 18:30h Praza do Hospital
Ames, 12h Praza do Concello
Betanzos, 18:30h Palco da Música
Carnota, 19h Praza da Pedra
Catoira, 20h Alamedia do Concello
Cee, 20h Praza 8M
Compostela, 20h Praza 8M mani |21:30h Ruada P. Praterías
Ferrol, 19h Praza do Himno
Lalín, 12:30h Praza da Igrexa
Lugo, 20h Multiusos da Xunta
Monforte, 17h Praza de España
O Porriño, 20h diante do Concello
Ordes, 19h Alameda
Ourense, 12:30 Acción Paseo – Concordia | 19:30h Mani Subdelegación

Padrón, 20h Praza de Macías
Ponteceso, 13h Praza do Recheo
Pontedeume, 12h Praza do Concello
Pontevedra, 12h Praza de Ourense
Rianxo, 12h Praza de Padrón
Ribadavia, 20h Praza Maior
Ribadeo, 19:30h Praza 8 de marzo
Val Miñor, 20:30h Cruce da Ramallosa
Vigo, 20h Vía Norte/Urzaiz
Vilagarcía, 12h Praza de Galicia
Vilalba, 18:30h Praza da Constitución

A XUNTA AGRAVA A SAÚDE SEXUAL E REPRODUTIVA DAS MULLERES AO DERIVAR ABORTOS Á SANIDADE PRIVADA

A Marcha Mundial das Mulleres advirte de que a Xunta agrava a saúde sexual e reprodutiva ao derivar a interrupción de embarazos á sanidade privada, ante a información da licitación de convenios con clínicas privadas por 1,4 millóns de euros.

A interrupción voluntaria do embarazo é un dereito que ten que poder exercerse con garantías de saúde integral para as mulleres e non concibirse como un negocio para as clínicas privadas. A administración pública debe contar con recursos suficientes na rede sanitaria pública galega para facer efectivo este dereito.

A consideración das autoridades sanitarias da interrupción do embarazo como un procedemento menor, sen riscos, implica un claro menosprezo da nosa saúde e impón un castigo ás mulleres que deciden abortar ao seren expulsadas do sistema público de saúde.

Os concertos con clínicas privadas obrigan moitas veces as mulleres e térense que desprazar fóra da súa área sanitaria, tendo que dispor dun medio de transporte axeitado  e co conseguinte risco após unha intervención destas características. 

A obxección de conciencia do persoal sanitario non pode ser motivo para que na rede pública non se conte con persoal suficiente para garantir as intervención. Unha boa forma de paliar este problema sería destinar os recursos dos convenios coa privada a aumentar os recursos públicos.

As mulleres galegas  seguimos a reclamar  aborto libre, gratuíto e na seguridade social para todas  e demandamos que a Xunta de Galiza asuma as súas competencias e garanta: 

– Educación afectivo sexual obrigatoria no currículo escolar.  

– Programas de divulgación e información sobre dereitos sexuais e reprodutivos a través dos CIM, que deben incrementarse en número e recursos para poder atender as demandas do conxunto do país. Os dereitos sexuais e reprodutivos débense abordar como unha liña de traballo específica con persoal capacitado. 

– Os centros  Quérote +, residuais  e desnaturalizados após a chegada do PP ao Goberno da Xunta deben recuperar as funcións da educación sexual e reprodutiva, a identidade afectivo sexual e o acceso a anticonceptivos. 

Asinantes da Campaña esixindo a destitución de Rafael Louzán presidente da Federación Galega de Fútbol.

Louzán Dimisión

Esiximos a dimisión de Rafel Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, por apoiar a Luis Rubiales tras a agresión a Jenni Hermoso.

O pasado 20 de agosto o presidente da Federación Española de Fútbol agredía a Jenni Hermoso, xogadora da selección española, na entrega de trofeos da final do Mundial de Fútbol Feminino nun evento televisado e visto por millóns de persoas no planeta. Logo de varios días de sillencio ao ser preguntado pola agresión na homenaxe a Tere Abelleira, Rafael Louzán respostou tirando importancia do sucedido declarando que “Son erros que se cometen na vida, e xa pediu desculpas” en referencia a un video no que Rubiales non só non recoñece ter agredido á futbolista senón que minte indicando que o acto fora consentido. 

Horas despóis Luis Rubiales realizaba un discurso incendiario na Asemblea da Federación Española de Fútbol acusando á xogadora de mentir, mentindo ao decir que foi ela quen provocou a agresión e defendendo que non dimite do seu cargo. Ademáis acompañou o discurso misóxino e manipulador de insultos e acusacións ao movemento feminista por respaldar, apoiar e acompañar á futbolista na súa denuncia de agresión. 

Tras este ataque a xogadora e movemento feminista Rafael Louzán e a Federación Galega de Fútbol seguen sen posicionarse na defensa da agredida e nunha sanción exemplar a Rubiales e a todos os que apoiaron e apoian o seu comportamento. 

Dende a Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres denunciamos a complicidade co machismo por parte do máximo mandatario do futbol galego e da institución que representa e esiximos a súa inmediata dimisión. As futbolistas galegas non poden ter como máximo dirixente a quen apoia e respalda comportamentos machistas, mafiosos e violentos contra as propias xogadoras e contra os colectivos que socialmente defendemos o dereito de todas as mulleres a unha vida sen violencia. Falamos ademáis dunha persoa, Rafael Louzán, inhabilitada por prevaricación para o exercicio do cargo público na operación “Patos” e que na actualidade incumple os propios estatutos da Federación Galega de Fútbol.

O deporte galego, nomeadamente o feminino, merece o apoio social e colectivo na loita contra o machismo, hoxe máis que nunca, cando en todo o mundo o deporte feminino e as mulleres erguen a súa voz contra esta agresión e contra todas as que se veñen producindo. É responsabilidade colectiva apartar non só aos corruptos e aos que agreden senón tamén a quen cala, respalda e disculpa estes comportamentos. 

A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres promove esta recollida de sinaturas non como algo apenas simbólico mas para recadar forza e apoios sociais co obxetivo de presentar ante a Valedora do Pobo a esixencia de dimisión a Rafael Louzán, polas deportistas e as mulleres galegas que non imos consentir máis violencia nas nosas vidas. 

Porque se tocan a unha, tócannos e respostamos todas.

Galiza, 26 de agosto de 2023

Os colectivos e cidadás asinantes apoiamos esta demanda e esiximos a inmediata dimisión de Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fúbtol por apoiar a Luis Rubiales tras a agresión a Jenni Hermoso: 

Colectivos


A Coruña Fillos de Breogán
Amigas de Exeria
ARELAS
As punkiereteiras
Asociación Cultural Cultura Aberta
Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Trezecatorze
Asociación de Escritoras en Lingua Galega
Asociación de Movilidad Humana
Asociación de traballadoras do fogar e coidados Xiara
Asociación Feminista Área Loura
Asociación Feminista As Furias
Asociación Polamiúda
Avante LGBT+
Belesar Dixital
Bloque Nacionalista Galego
Carballas
CASCO VELLO CELTA VIGO
Celtarras
Coepo
Colectivo Berro Seco
Colectivo cultural Ollomao
Colectivo feminista A Estrada Deza
Colectivo feminista As Curandeiras Vimianzo
Colectivo Feminista As Pontes
Colectivo Republicano de Redondela
Colectivo Terra Pontedeume
Colectivo TransGaliza
Comité Anti-SIDA Ourense
Concello de Begonte FS
Executiva Confederal da CIG
Federación Galega de Ecoloxistas en Acción
Feminismo en pé
Feminismo Unitario de Vigo
Feministas de Catoira “Vikingas bravas”
Fende Testas
Fruga|Adega
Fútbol gaélico feminino
GALEGUIZA
Galiza Nova
Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero F. Ciencias da Educación UDC
Isca!
Levedar Colectivo Feminista Vila de Cruces
Marea Feminista de Nigrán
Mudega – Mulleres Deportistas Galegas
Mulleres en Acción da Barbanza
O Refaixo de Carolina
O Soño de Lilith
Old Faces
ORQUIGAL
Ouligans
Peña Cheka
Peña Deportivista De Portosín
Peña Deportivista de Uxes
Peña Deportivista El Bierzo
Peña Deportivista Faluya
Peña Deportivista Tío Juan
Peña Deportivista Tralla Brava
Plataforma Feminista de Lugo
Podemos A Coruña
Ponteareas en común
Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia
Siareirxs Granates
SonDaRúa
UA Drogodependencias Monforte de Lemos
Vangarda Obreira

Persoas a título individual – 2896

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram