Custodias compartidas, visitas non tuteladas, patrias potestades… até cando os dereitos dos agresores por diante dos dereitos das crianzas a vivir sen violencia? até cando criminalizar ás mulleres que defenden as súas crianzas do maltratador? até cando xulgados nos que os dereitos do maltratador se colocan por diante de calquera outro? até cando unha xustiza cega á violencia vicaria? até cando a explosión social na traxedia mas a inacción no día a día?
Berremos basta de violencia, e organicémonos para acabar con ela!
xustiza patriarcal
Un agresor non pode ser un bo pai
Un agresor non pode ser un bo pai. Esiximos á Xunta de Galiza instar ao Ministerio de Xustiza e ao goberno do Estado a:
Aplicar a lexislación internacional en materia de violencia machista retirando as visitas das crianzas a homes denunciados por agresións machista ate a existencia dunha sentenza firme.
Retirar as visitas e patrias potestades das crianzas a homes denunciados por agresión sexual ou maltrato infantil ante a existencia de sentenza firme por violencia machista.Reclamar o fin da imposición da custodia compartida imposta con maltratadores.
Modificar a Lei 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero para establecer medidas de protección das crianzas vítimas de violencia machista fronte ao agresor.
Creación de máis xulgados específicos de violencia machista na Galiza con persoal especializado.
Resistimos para vivir, marchamos para transformar!
Da nosa campaña http://feminismo.info/feminismo/nonaxustizapatriarcal/
Combatamos a violencia vicaria.
Cada día en cada xulgado, na Galiza, ao noso lado, a xustiza dá custodias a maltratadores, visitas non tuteladas a agresores e permite que a violencia bata en nós e nas nosas crianzas.
Temos que combater a violencia cada día, colocar o foco na xustiza, no que esta pasando cos agresores e as custodias.
O feminismo non é apenas para reaxir ante a violencia, é sobre todo a nosa ferramenta para evitar que esta se produza.
Nós temos unha campaña contra a xustiza patriarcal, que se estenda!
http://feminismo.info/feminismo/nonaxustizapatriarcal/
Coñecemos onte a nova da aparición do corpo de Olivia, secuestrada xunto á súa irmá por un maltratador que segou as súas vidas para causar danos á nai das crianzas.
Violencia Vicaria empregada contra as mulleres. Violencia machista que non cesa.