Ourense // Se é machista non é xustiza.

Neste pasado mes aparecía o corpo de Olivia, secuestrada xunto á súa irmá por un maltratador que acabou coas suas vidas para danar á nai das crianzas. Asistimos novamente a un caso de Violencia Vicaria empregada contra as mulleres, co final máis terribel.

As leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres e ás crianzas que non se esta facendo efectivo na súa aplicación. Prométeselles apoio e protección, que non se ven na práctica e incluso se reproducen as violencias. Vemos necesario colocar o foco sobre a violencia xudicial que se reproduce cada día no noso país.

Dende o feminismo temos a obriga de denunciar estas situacións e as consecuencias que están a ter para a vida das mulleres e con este motivo convocamos concentracións todos os xoves do mes de xullo ás 12h no xulgado para continuar coas accións reivindicativas para visibilizar todas estas violencias que se dan ó longo dos procesos xudiciais.

Estivemos diante dos xulgados para reiniciar a nosa campaña de denuncia das violencias que a xustiza reproduce contra nós cando denunciamos violencia machista.

Eis o texto que lemos na concentración. + info en i.gal/xustizamachista

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram