Nen guerra que nos mate, nen paz que nos oprima
A Marcha Mundial das Mulleres formou parte das organizacións convocantes e participou con comitiva propia o pasado Domingo 18 de Xaneiro na manifestación nacional en apoio ao pobo palestino baixo un manifesto conxunto para exixir:
-
Que se impulsen polÃticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
-
Que a Xunta de Galicia se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.
-
Que se declaren á embaixada e o Goberno Israelà non gratos en todo o territorio galego no seu conxunto; e concello por concello,
-
E que os medios de comunicación e a prensa internacional informen con imparcialidade e non a favor do sionismo .
Dende a Marcha tentamos dar voz ás nosas compañeiras palestinas a través das súas imaxes que levamos na nosa comitiva co gallo de facelas presentes na mobilización como xa o están sempre no corazón de todas nós.
Eis unhas imaxes da nosa participación en favor da paz e en defensa dos dereitos do pobo palestino:
Eis un video da comitiva na manifestación:
Máis información sobre a repercusión desta mobilización nos meios (tirada de Galiza por Palestina):
-
http://quin.tv/ (VÃdeo)
- http://www.vieiros.com/nova/71414/galiza-con-palestina (vÃdeo, imaxes e o manifesto)