Feminicidios 2017

1. 29/01/2016. Virginia F.V. 55 anos. Asasinada a coiteladas. (O Carballiño).

2. 20/2/2017. María José Mateo García. 52 anos. Asasinada pola súa exparella quen fixo estoupar dúas bombonas de butano na vivenda dela. (Chapela, Redondela).

3. 7/5/2017. Meniño de 11 anos. Asasinado a paus polo seu pai, mentres desfrutaba do réxime de visitas. Deixouno semi enterrado nun monte. (Oza, Cesuras)

4. 21/8/2017. M.M.A.73 anos. Asasinada a paus a mans do seu ex-xenro, que intentou tamén secuestrar á súa filla de 21 meses. (Monte Alto, A Coruña).

5. 31/12/2017. Atopan o cadáver de Diana Quer, de 18 anos, nunha nave de Rianxo, desaparecida desde agosto de 2016. O asasino confeso, Enrique Abuín Gey, recoñeceu tela abordado cando voltaba a casa, metela no coche pola forza e tras resistirse a unha agresión sexual, asasinouna por estrangulamento. (Rianxo).

Feminicidios na Galiza

Mapa dos feminicidios na Galiza

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram