En marcha
A inspiración para a creación da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) partiu dunha manifestación realizada en 1995 no Quebec, cando 850 mulleres marcharon 200 quilómetros pedindo, simbólicamente, “Pan e Rosas”. No final desta acción, alcanzaron diversas conquistas como o aumento do salario mínimo, máis dereitos para as mulleres migrantes e apoio á economía solidaria.
As mulleres do Quebec buscaron contactos con organizacións en varios países, para partillar esa experiencia e presentar a proposta de crear unha campaña global de mulleres. O feminismo galego acolleu esa chamada criando a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres e iniciando.
O primeiro Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres foi en 1998 no Quebec con 145 mulleres de 65 países e territorios. Nese encontro elaborouse unha plataforma con 17 reivindicacións para a eliminación da pobreza e da violencia contra as mulleres. E ali foi convocada a a Marcha Mundial das Mulleres como unha gran campaña para o ano 2000.
Logo de aquela primeira acción -5 millóns de sinaturas entregadas á ONU- as mulleres propuxeranse ir alén do posíbel e seguir actuando xuntas para construír a MMM como un movemento permanente, froito das forzas e sinerxias mobilizadas en cada localidade.
Desde entón, a MMM desenvolveu un método para a definición de consensos e unha forma de actuación que implica a construcción permanente da relación entre o loca, o nacional e internacional. A preparación das accións internacionais, cada 5 anos, marca procesos de sínteses políticas da Marcha.
NON Á OTAN // Declaración internacional
Nós, militantes da Marcha Mundial das Mulleres, denunciamos o papel que xoga a OTAN no mundo como unha ferramenta do capital occidental para asentar e reforzar un sistema criminal que ataca frontalmente a vida de millóns de persoas no mundo e a soberanía dos seus pobos. Nacida como ferramenta para combater o bloque socialista, a
Non á guerra na Ucraína! Non á OTAN!
A tensión e a escalada militar que se está a producir na Europa do Leste nos últimos días e que alcanzou a súa cimeira a raíz das declaracións de Vladimir Putin ten consecuencias perigosas para os pobos da Europa. Rusia e Ucraína. O envío diario de soldados e a carreira armamentística no medio do belicismo
24M- Día da muller pola paz e o desarme
Desde a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das mulleres, conmemoramos neste 24 de maio o Día da Muller pola Paz e o Desarme. Neste día as mulleres galegas queremos lembrar as guerras nas que viven mulleres irmás de todo o mundo. Vivimos en tempos de auxe da extrema dereita, da xenofobia, do racismo e do
Solidariedade con Palestina!
Despois de máis dunha semana ininterrompida de ataques sionistas contra o pobo palestino, solidarizámonos saíndo ás rúas en Galiza. A causa palestina foi sempre referente internacional de resistencia para todos os pobos do mundo, non podemos ficar caladas ante a barbarie do estado sionista de Israel. Nós con Palestina porque non pode haber paz sen
Accións Internacionais
2020
2015
2010
2005
2000
A MMM no mundo
Coñece as diferentes coordenadoras nacionais da Marcha Mundial das Mulleres ao longo do planeta