Denunciar e visibilizar a violencia nos espazos de ocio

Esta campaña parte da reflexión colectiva do Café Feminista “Por que a noite e a festa feden a machismo?” e toma de referencia a iniciativa #Cuéntalo lanzada en twitter en abril de 2018 pola xornalista Cristina Fallarás que inundou as redes sociais de relatos das violencias cotidianas que sufrimos as mulleres. 

Queremos denunciar as violencias que sufrimos na noite e na festa porque o ocio segue sen ser un lugar seguro para as mulleres. A campaña consiste na colada masivas de autocolantes nos lugares de ocio e festa para denunciar estas violencias e neses colantes convidamos ás mulleres a contarnos a través desta páxina web esas experiencias que todas vivimos e que non saen á luz.

Se queres facer parte da campaña no apartado #material podes atopar os autocolantes e os cartazes para a súa descarga (usa papel autoadhesivo) e se non tes medios para facelo contacta con nós en nacional@feminismo.gal

Se sufres unha agresión, cóntao! Queremos espazos seguros tamén para os nosos momentos de ocio! 

Enlace aos Cafés Feministas