Punto de Encontro Familiar –  Ourense

As nosas demandas sobre os PEF

Dentro da campaña para a revisión do servizo no Punto de Encontro Familiar de Ourense fomos recibidas pola Xefa Territorial de Políticas Sociais de Ourense María Xosé Fernández Laso. na reunión demos conta da campaña e dos tres níveis aos que estamos desevolvento a mesma deixando enriba da mesa as nosas reividicacións:

– A longo prazo: demandamos un marco normativo no que en casos de violencia machista os agresores vexan suspendidas as visitas ás crianzas. 
– No medio prazo: Modificación do Decreto que regula os Puntos de Encontro Familiar para que os casos de violencia machista que chegan sexan abordados de forma específica a través de un protocolo.
– No inmeditato: Restituír a posibilidade de que as mulleres ususarias do PEF acudan acompañadas e demandar a coordenación das técnicas do PEF co resto de axentes que interveñen no proceso de acompañamento ás mulleres agredidas.

Seguimos!

Situación do Punto de Encontro Familiar en Ourense

En Ourense detectamos dende hai tempo que a situación no Punto de Encontro Familiar esta lesionando a dignidade de mulleres e crianzas a través da:

  • Revitimización das mulleres superviventes de violencia machista, tratando a intervención nestes casos como se se tratara simplemente de divorcios conflitivos, reproducindo e perpetuando estereotipos sobre estas mulleres e a violencia e deixando
    as crianzas en situacións de desamparo e risco.
  • Negativa dende o servizo do Punto de Encontro a coordinarse con distintas profesionais dos servizos sociais, sanitarios e educativos, que atenden as crianzas e familias que acoden ó punto de encontro, saltándose os principios rectores da Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género e os principios xerais da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: “… Os poderes públicos galegos intensificarán as accións para a cooperación e coordinación interinstitucional dos recursos e instrumentos contra a violencia de xénero, promovendo a colaboración e a participación das asociacións de mulleres, así como das entidades e organizacións da sociedade civil. Os concellos como administración máis próxima á cidadanía participarán no desenvolvemento desta lei, habilitándose por parte da administración galega os recursos necesarios para tal fin…” e obviando a obriga legal de garantir un tratamento integral da atención a mulleres que sofre violencia de xénero.
  • Dende o traslado do Punto de Encontro en 2013 ás instalacións da Casa da Xuventude, as profesionais do eido do social, levan insistindo en que non é o emprazamento axeitado, dado que é un espazo que está excesivamente exposto e que non protexe axeitadamente a confidencialidade necesaria para este tipo de servizo.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres, ante a situación que vimos detectando no Punto de Encontro Familiar de Ourense xestionado polo grupo Eulen Servicios Sociosanitarios, instamos á Consellería de Política Social a que revise como se está a levar a cabo a prestación deste servizo e a que o faga escoitando ás mulleres supervivintes de violencia machista, ás súas crianzas, víctimas tamén desa violencia e ás profesionais que traballan con elas.