MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Activistas detidas en Turquía van esperar o seu proceso en liberdade!! PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Domingo, 29 Novembro 2009 23:53

Despois de cinco meses e 20 días de detención, a corte penal turca decidiu liberar ás 22 activistas (10 mulleres e 12 homes) arrestadas a finais de maio. O próximo paso do proceso xudicial, que investiga a suposta involucración das acusadas cunha organización ilegal, vai ter lugar no 2 de marzo de 2010. Nesta primeira etapa recen terminada, que durou dous días e que terminou na madrugada do sábado, 21, foron tomadas as declaracións de todas as detidas. Por falta de tempo, non se tomaron as declaracións de outras nove persoas, que xa esperan a continuación do proceso en liberdade.
 
O xuízo foi seguido, todo o tempo, por aproximadamente 150 persoas, incluso por unha delegación internacional de mais de 40 persoas, ademais das familias das detidas – fillas adolescentes, mais anciáns – amigas, compañeiras de activismo político. Fora, estaban activistas de KESK – Confederación de sindicatos de empregados públicos de Turquía, que levaban afiches  con as consignas “saquen as súas mans de KESK”, facendo turno con grupos de estudantes da secundaria e organizacións de dereitos humanos.
Todas as acusadas presentáronse diante do xurado como feministas. Todas foron ou aínda son responsábeis de comités de mulleres en distintos niveis (local, rexional, nacional) de organizacións sindicais do sector público relacionados con KESK. Unha das dez mulleres acusadas iniciou a súa declaración denunciando o informe da acusación como unha calumnia patriarcal. 
 
As supostas probas do presunto crime que figura no proceso son accións do cotiá da organización sindical e de mulleres. O suposto crime é que as acusadas usarían a estrutura de KESK para construír unha organización ilegal ligada ao PKK, Partido dos Traballadores Curdos, ilegal en Turquía. Baseados neste argumento, accións tales como chamadas telefónicas para convidar a persoas a participar en reunións ou obradoiros de formación eran considerados recrutamento de persoas para unha organización ilegal. As charlas telefónicas entre mulleres intercambiando consellos e apoios no traballo sindical foron consideradas  como ordes dadas ou executadas nunha organización militar ilegal. Isto inclúe a organización das manifestacións do 8 de marzo xunto con grupos feministas e de mulleres de partidos políticos. 
 
A política de acción afirmativa tamén foi descrita como crime. KESK e as súas organizacións sindicais teñen secretarías de mulleres moi activas. Estas secretarías sempre foron activas e centrais nas actividades da Marcha Mundial das Mulleres en Turquía. No entanto, como non están nos estatutos da organización e non existen noutras centrais sindicais, as súas actividades tamén foron descritas pola acusación como ilegais. A política de cotas do 30% para mulleres foi descrita como un tipo de ocupación de KESK por unha organización ilegal.
 
Á criminalización da actividade sindical e feminista engádeselle a discriminación en relación ao pobo Curdo: case todas as acusadas son de orixe Curda. Sobre unha das mulleres que non ten orixe Curda, mais que é a compañeira dun Curdo, dicían que ela seguía as ordes do seu marido. Foi presentado como proba o facto de que unha das acusadas foi ao cine a ver a película Bahoz (Storm) con subtítulos en Curdo, e tamén a organización dunha rolda de prensa sobre o dereito á educación en lingua materna.
 
As probas presentadas incluían gravacións obtidas sen autorización formal, que foron mal interpretadas, e emails. Avogadas e avogados teñen refutado as supostas evidencias construídas para criminalizar o activismo sindical e feminista. 
 
A decisión de que as presas esperen o proceso en liberdade foi considerada como o suceso da expresiva mobilización nacional e internacional, que foi levada a termo en diversas protestas en todo o mundo xunto aos gobernos turcos e as súas representacións diplomáticas.  A través dunha carta, KESK afirma que a operación que arrestou arbitrariamente ás activistas demostra unha vez mais “que existen riscos e custos en levar a loita polo traballo e pola democracia en Turquía”. Agradecen toda a solidariedade recibida e comprométense a seguir informando sobre as futuras audiencias.
 
Para mais informacións:
 
*Comeza o xuízo das activistas detidas arbitrariamente en Turquía
http://www.marchemondiale.org/news/mmfnewsitem.2009-11-19.9114620607/es
 
*Solidariedade con activistas sindicais en Turquía en vésperas do seu xuízo(19 – 20 novembro de 2009)
http://www.worldmarchofwomen.org/structure/cn-groupes/europe/turquie/declaration11122009/es
 
*Protestas mundiais contra o arresto arbitrario de activistas en Turquía, publicado na edición de Xulio do Boletín de Enlace da MMM
http://www.marchemondiale.org/bulletin_liaison/2009/200902/200902-html/es
 
*Mais informacións enviadas en maio e xuño polas compañeiras  de Turquía
http://www.marchemondiale.org/structure/cn-groupes/europe/turquie/solidarity053009/es

Modificado o ( Domingo, 29 Novembro 2009 23:57 )
 

Publicacións:

Campaña:

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CNT [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda [ir]

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Quen está en liña?

Temos 4 convidadas en liña

Usa software libre

Cartel