As nosas aliadas
Vía Galega é unha plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, creada en 2018 a partir da xuntanza de máis de 40 entidades de diferentes tipos e eidos: do sindical ao cultural, do ambientalista ao educativo, dos centros sociais ao campo estudantil, pasando polo internacionalismo, a música popular, a memoria histórica, etc.
A Plataforma Galiza con Catalunyaestá constituída por diversas organizacións sociais, sindicais, culturais e políticas galegas que recoñecen o dereito de autodeterminación dos pobos e que apoian o proceso de independencia do pobo catalán, denunciando a violencia exercida polo Estado español neste caso e no do resto de pobos que loitan pola ruptura democrática en chave soberanista e independentista.
Organizacións coas que traballamos en diferentes ámbitos e que son para nós referenciais nos campos nos que traballan.