
Asistimos a unha nova vaga de despedimentos na provincia amparados pola crise, a empresa Caramelo ven de presentar un ERE que afecta a 237 empregadas ,a maiorÃa delas mulleres, e de impor a “flexibilidade horaria” ao resto da súa plantilla. As traballadoras están en loita contra os despedimentos (folgas, mobilizacións, feches).
A Coordenadora da Coruña da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza Manifesta:
-
O seu apoio ás mobilizacións das traballadoras e traballadores de Caramelo na Coruña en defensa dos seus postos de traballo e contra as deslocalizacións.
-
Atopámonos nunha situación de crise provocada polo sistema capitalista da que se quere saÃr á costa dos deritos das traballadoras e traballadores aplicando a conxelación salarial, o aumento da xornada laboral, maior precarización das relacións laborais, e despedindo a traballadoras e traballadores.
-
Asistimos con preocupación á aplicación, por parte dos gobernos, de medidas contra a crise, que trasladan grandes cantidades de fundos públicos, en axudas a grandes empresas e entidades financeiras. Mentres estas non deixan de presentar EREs, e rebaixar as conquistas sociais das traballadoras e traballadores.
-
Dende os gobernos falan de igualdade, de conciliación familiar e laboral, pero as polÃticas que se aplican non conseguen mudar a realidade, as mulleres continuamos a ser o sector que máis sofre o desemprego, a precaridedade laboral, e a exclusión social.
-
Nós como movemento feminista e anti-capitalista, reixetamos as polÃticas neoliberais que os gobernos están a propor para saÃr da crise, e por iso esiximos polÃticas que aseguren o mantemento de todos os postos de traballo e os dereitos das traballadoras e traballadores, e:
-
Que a Xunta do PP non admita os EREs.
-
Que se prohiban as deslocalizacións e asà evitar a perda dos postos de traballo na nosa terra.
-
AS MULLERES TRABALLAMOS, AS MULLERES CONTAMOS
NON SOLUCIONAREDES A CRISE A COSTA DOS NOSOS DEREITOS