Palestra ‘Tecendo redes para conseguirmos o dereito a decidir sobre o noso corpo’

O pasado xoves, 7 de Maio, tivo lugar a palestra ‘Tecendo redes para conseguirmos o dereito a decidir sobre o noso corpo’ no Centro social Atreu, onde nos agardaban as compañeiras de Nomepisesofreghao moreia de parafeministas desgêneradas. As mulleres encargadas de preparar o acto explicamos o proceso de loita polos dereitos sexuais e reprodutivos no marco da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza nos últimos dous anos, cal era a regulación actual en relación ao aborto, cales eran as principais medidas que se recollían nos informes do goberno sobre o tema e cales eran os puntos vindicativos da campaña “En defensa do dereito ao aborto na sanidade pública: eu decido” aos cales non íamos renunciar.

Despois da nosa exposición xurdiu o debate: a preocupación sobre se a nova lei do aborto pode supoñer unha merma das posibilidades que para algunhas mulleres supón na praxe a regulación actual, a tutela sobre a nosa capacidade de decidir que supón a esixencia de motivos documentados por terceiras persoas para poder abortar, a inseguridade xurídica na que se producen os abortos, o feito de que estes se producen en clínicas privadas ou concertadas e en malas condicións…

Na última parte da palestra o debate máis teórico sobre a situación do aborto e dos dereitos sexuais e reprodutivos axiña derivou na necesidade de articulación do movemento feminista para sumar forzas nunha loita que se presume longa. As compañeiras de nomepises, e outras mulleres alí presentes, comprometéronse a apoiar e participar da campaña da marcha en relación ao aborto e manifestaron o seu interese en artellar xuntas accións no plano local.

Tecendo redes para conseguirmos o direito a decidir sobre o nosso corpo

Apresentaçom da publicaçom ‘O Direito a Decidir: Situaçom actual e alternativas à despenalizaçom do aborto’ e colóquio ‘Tecendo redes para conseguirmos o direito a decidir sobre o nosso corpo’

Este encontro do tecido associativo da nossa cidade terá lugar na quinta-feira, 7 de Maio no Centro Social Atreu da Corunha (Rua Sam José, 2, rés-do-chão. Bairro de Montealto – Corunha)

Palestra ‘Coeducaçom afectivo-emocional e sexual’ por Lola Ferreiro

Na passada sexta-feira, 24 de Abril, tivo lugar a palestra ‘Coeducaçom afectivo-emocional e sexual da perspectiva de género’ a cargo de Lola Ferreiro. Mulheres da nossa cidade partilhámos informaçom, inquietudes e estratégias de acçom socio-política em defesa dos direitos sexuais e reprodutivos na nossa sociedade. Falámos da primeira lei de aborto na Catalunha em 1937, em que a mulher era atendida depois de 8 dias da primeira consulta, nas dispensarias (antigos centros de atençom primária) e onde a objecçom de consciência no pessoal médico estava regulada, garantindo assim a atençom sanitária da mulher na sanidade pública. Nessa altura nom era permitido e mesmo se penalizava a prática de abortos em consultas privadas.

A sexualidade é algo com o qual nascemos e a sua aceitaçom e normalizaçom na nossa vida desde crianças é fundamental para desenvolver umha vida sexual e emocional livre e satisfatória, e portanto a inclusom no currículo escolar da educaçom afectivo-emocional e sexual tem de ser umha demanda chave dentro de qualquer lei de aborto.

Com respeito às infra-estruturas sanitárias concordou-se que som insuficientes e inadequadas para as necessidades das mulheres, e em muitos casos as disposições legais de atençom específica para a mulher, que deveria estar normalizada nos centros de saúde, nom estam sendo cobertas.

Para o bom funcionamento dum sistema educativo e sanitário que garanta ‘o direito da mulher a decidir livre e responsavelmente o número de filhas e filhos, e o espaço de tempo entre os nascimentos’ assim como ‘adoptar as suas decisões em matéria de reproduçom sem sofrer discriminaçom, coacções nem violência’, tal e como foi disposto na Conferência do Cairo em 1994, é imprescindível que se ponham os meios educativos e sanitários adequados incluindo infra-estruturas e umha formaçom qualitativa do pessoal educativo e sanitário da perspectiva de género e com assessoramento continuado.

Conclui-se sobre a necessidade de trabalharmos todas as mulheres juntas: propiciar um diálogo entre todas as feministas do país e criar e fortalecer laços de comunicação e entendimento com a sociedade em geral com o fim de exercer pressom social e influir nas políticas da Galiza e do Estado.

As mulheres queremos umha lei de aborto que reconheça o nosso direito a tomar decisões livres e responsáveis e que garanta a saúde sexual e reprodutiva de todas as mulheres sem discriminaçom geográfica e na Sanidade Pública.

Fotos da presentación da publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto

A coordenadora comarcal da MMM na Coruña organizou o pasado venres 24 de Abril a presentación da publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto xunto con a charla sobre a ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual con perspectiva de xéneroa cargo de Lola Ferreiro, catedrática de saúde, membra do Grupo Lúa Crecente, enfocado na educación para a saúde desde a perspectiva de xénero, e coordinadora da publicación ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual‘.

O acto tivo lugar ás 20:00 horas na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa dos Olmos 16-18 1º andar).

Aquí tedes algunhas fotos do mesmo no que tamén se repartiron exemplares da publicación gratuita (tamén disponíbel nesta web en pdf para a súa descarga) que a MMM está a distribuir na galiza:

{gallery}2009_24abril_C{/gallery}

Presentación na Coruña da publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto

Feira Soberanía Alimentaria

‘Entón, que significa para nós isto de sentirnos queridas?…probabelmente se pode resumir nunha secuencia do estilo:«sentímonos tidas en conta – respectadas – valoradas/admiradas – importantes ou, mellor aínda, fundamentais ou mesmo únicas para os demais»…porque todo isto fainos sentir «alguén» – respectábel – valorábel/admirábel – importante/fundamental/única»…e cando isto sucede sentímonos satisfeitas e felices, e motivadas para estabelecer novas relacións con outras persoas…e se isto é así a maior parte das veces, aprendemos a nos querer a nós mesmas e acadamos un nivel de confianza e de seguridade que mesmo nos permite superar con éxito as experiencias negativas cando estas se producen.’

Fragmento do libro ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual’ do Grupo Lúa Crecente

 

Feira Soberanía AlimentariaA coordenadora comarcal da MMM na Coruña organiza para este venres 24 de Abril a presentación da publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto xunto con a charla sobre a ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual con perspectiva de xéneroa cargo de Lola Ferreiro, catedrática de saúde, membra do Grupo Lúa Crecente, enfocado na educación para a saúde desde a perspectiva de xénero, e coordinadora da publicación ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual‘.

O acto terá lugar ás 20:00 horas na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa dos Olmos 16-18 1º andar).

Para mais información contactar con marchacorunha@gmail.com

Links para baixar libros de Lola Ferreiro:

http://sgi.xunta.es/document/coeducacion.pdf

http://www.xunta.es/auto/sgi/document/estudocoeduc.pdf

O dereito a decidir: Debate sobre a reforma da Lei

No marco das actividades que a MMM está a desenvolver a redor das reflexiións  e análisis en torno ao aborto o pasado 27 de marzo a compañeira Carmela Garrido da Cordenadora Local da Coruña participou no debate sobre a reforma da Lei do Aborto organizado no programa Faladoiro da televisión local que dirixe e presenta Susana López Carbia, no que tamén participaron Eva Castaño, pta. da Asociación de Mulleres Progresistas Alba; Coloma Viúdez, voceira da Asociación Red Madre e a dra. Helvia Temprano, xinecóloga e membro da Asociación Provida da Coruñ.

Podedes ver este debate nas seguintes ligazóns:

Faladoiro 27/03/09 – Primeira Parte

Faladoiro 27/03/09 – Segunda Parte

O Dereito a Decidir. Situación Actual e Alternativas á Despenalización do Aborto

‘A modo de dato, segundo recollía a memoria do fiscal do Tribunal Supremo no ano 1964, en España practicábanse naqueles momentos—falo de só uns cantos anos antes do 1978—uns 300.000 abortos clandestinos feitos nas peores condicións sanitarias. Feitos por afán de lucro, e que moitas veces acababan coa vida da muller embarazada. Falo de 300.000 nuns anos, no 1964, cunha política claramente pronatalista, e en consecuencia as familias, evidentemente, tiñan moitos máis fillos que agora. Falamos dunha cifra, 300.000 abortos, que considero exemplifica que os abortos se cometían aínda non habendo unha lei, que para determinados sectores, “anima“ ás mulleres a abortar.’
                 Fragmento de ‘O Direito a Decidir: Situación Actual e Alternativas à Despenalización’

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza iniciamos en Xaneiro de 2008 a campaña polo aborto libre e gratuíto na Seguridade Social, coa recollida de autoinculpacións en que participaron mais de 1500 mulleres e homes do noso país, manifestacións e acto de entrega de autoinculpacións no día 8 de Marzo Día internacional das  Mulleres.
Continuando con esta campaña e conmemorando o 28 de Maio Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres a coordinadora comarcal da Coruña organizou un ciclo de conferencias, vídeo-forum e coloquios baixo o título ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas à despenalización do aborto’. Nas xornadas introducíronse temas tais como a loita polos dereitos reprodutivos e sexuais, a situación actual e redes dos COF (Centros de Orientación Familiar), os aspectos legais do dereito a decidir, e coa colaboración de mulleres representantes do asociativismo e activismo da nosa cidade xerouse un debate sobre as alternativas à despenalización do aborto.
Coa publicación destas xornadas e a súa divulgación totalmente gratuíta tanto en papel como en formato electrónico, pretendemos partillar con todas a información, debate e reflexión que xurdiu dentro da dinámica desta actividade. Consideramos que este material pode axudar a entender mellor o contexto histórico, xurídico e sanitario da actual regularización do aborto e estabelecer as bases para a discusión dentro da sociedade galega das alternativas à despenalización. Para a Marcha Mundial das Mulleres é fundamental deseñar estratexias de presión social e política e encoraxar a participación de toda a sociedade e do activismo galego nestas estratexias.

Até todas as mulleres do mundo conseguirmos a soberanía sobre o propio corpo, nós continuaremos en marcha.

Nova víctima da violencia machista na Galiza

Concentración
Sábado 28 de Febreiro
no obelisco as 20:00hrs
A Coruña

En repulsa polo asesinato de María Socorro da Silva, desaparecida o pasado día 11 de Febreiro, a mans de R.F.A.” cliente habitual” de María Socorro., en Ourense.

ACTUALIZACIÓN: A coordenadora comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña convocou unha concentración de repulsa polo último asasinato machista en Ourense de María Socorro da Silva.

Nesta concentración recordamos ás setes mulleres asasinadas no ano 2008 na Galiza, simbolizándoas do xeito que aparece nas fotos,tapadas con sabas brancas e co nome e lugar onde foron asasinadas. María Socorro estaba simbolizada pola compañeira que está tirada no chan envolta cunha saba.

Unha vez máis temos que constatar que o machismo mata e que as cotas de liberdade conqueridas polas mulleres, teñen un alto coste en vidas humanas.

Obradoiro Consumo responsável por Toni Lodeiro

No dia 2 de Setembro as mulheres da Marcha da Corunha e outra muita gente da nossa cidade tivemos o prazer de desfrutar do obradoiro de consumo responsável ‘Consumir menos, viver melhor’ de Toni Lodeiro, autor do livro com o mesmo nome.

Nesta reuniom pudemos aprender maneiras de sermos mais felizes sem cair no consumo exacerbado imposto polo modelo neoliberal que na actualidade nos rege. Partilhámos experiências, dicas e alternativas e também criámos ligaçons interessantes para futuras colaboraçons por um uso mais consciente e saudável dos recursos alimentares, energéticos e sociais disponíveis no nosso país.

Esta é a segunda actividade, depois da conferência sobre Soberania Alimentar que nos ofereceu Isabel Vilalba (SLG) no passado 31 de Julho, que se enquadra no ponto de acçom do plano estratégico da Marcha Mundial das Mulheres ‘Bem comum e acesso aos recursos’. Esperamos desta maneira consolidar os nossos conhecimentos sobre o tema e fortalecer a nossa capacidade de escolha e acçom para um menor consumo e uma melhor vida.

Links interessantes:

rede troco da corunha (banco de tempo) — monedascomplementarias.pbwiki.com/Rede+de+Troco+da+Corunha

email: redetrococorunha@gmail.com

banca solidaria – www.opeto.org

Na Corunha temos a loja de produtos ecológicos ‘Horta sá’ em frente dos Novos Ministérios (esquina entre a rua Cavaleiros e a rua Alcalde Perez Arda) também com posto no mercado de Sam Agustim.

E mais informaçom sobre o livro de Toni Lodeiro ‘Consumir menos, viver melhor’ em www.nodo50.org/consumirmenosvivirmejor
à venda na livraria Sisargas da Corunha

Un millón de sinaturas para a defensa dos dereitos das mulleres

Desde a Coordenadora da Coruña, e como parte das iniciativas que estamos desenvolvendo para que o aborto libre e gratuíto sexa unha realidade no noso país, unímonos ao Chamamento Feminista Europeo colaborando con a recollida de un millón de sinaturas en denuncia da perda de liberdades das mulleres na Europa, e para exixir que o dereito a decidir de todas as mulleres sexa universalmente garante.
Para ler o texto do chamamento fazer click en Leer mais, e para asinar o chamamento fai click AQUÍ

Logo Marcha

Chamamento Feminista Europeo

Chamamento europeo para facer ouvir à exixencia das mulleres e homes feministas da Europa en pos do recoñecemento, en todos os países, do dereito imprescindíbel das mulleres a dispor do seu corpo, do dereito à información, à contracepción, e ao aborto libre e gratuíto.

Na Polonia, Irlanda, Chipre, Malta e agora tamén en Lituania e Eslovaquia, as mulleres son obxecto de fortes restricións no aceso ao dereito a decidir por si propias, ou mesmo da prohibición absoluta do acceso legal ao aborto.

Noutros países europeos, como no caso da Macedonia, Italia e o Estado Español este dereito vese seriamente ameazado e cuestionado, e iniciativas para atinxir unha verdadeira lei do aborto son bloqueadas sistematicamente, todo isto por causa do crecente auxe de integrismos relixiosos e polas presións de grupos conservadores.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres pedimos a inclusión nas políticas europeas da normalización dos dereitos das mulleres en modo unificado e sen ambigüidades. Que sexan estes dereitos aplicábeis a todos os países que xa conforman a Europa, e requisito imprescindíbel para aqueles que se podan adherir nun futuro. Pedimos que esta normativa estexa baseada nas lexislacións europeas mais desenvolvidas e progresistas que garanten a liberdade de información, decisión e acción de todas as mulleres sen distinción de relixión, nacionalidade, idade ou orixe social.

Por iso facemos un chamamento a todas as mulleres e homes da Europa para apoiar esta campaña de exixencia ao parlamento europeo que vai ser iniciada con a recollida de un millón de sinaturas desde este momento até o próximo ano 2009, ano das eleccións europeas. Esta campaña culminará con unha mobilización en Roma, no Vaticano na primavera do próximo ano.

Marcha Mundial das Mulleres de Europa

Para asinar o chamamento fai click AQUÍ

www.lapetition.com/sign1.cfm?numero=1682

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram