Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa

A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración ante o asesinato de Ubaldina Pazos López

Nin a idade, nin a confesión relixiosa, nin os condicionantes xeográficos, nin a estración económica ou social, son freos para que o machismo exprese o seu ódio e as súas ansias de dominación.

Ubaldina, despois de parir 11 fill@s e estar imigrada en Francia, aos seus 74 anos estava soa ante o inimigo, un inimigo ao que temían todos, mais ao que ela parecía encadeada sin escapatoria posíbel. E asi encontrou a morte, unha morte cargada de simbolismo, para que non esquecera nin no último momento, a quen se debía, de quen era a escrava. Unhas chaves da casa metidas na boca e a cabeza reventada. Porque os machistas non soportan que as mulleres opinen, decidan, critiquen, mesmo falen. Os machistas mandan calar, “e ti que vas saber!”, “calada estas mais guapa”. Porque os machistas non soportan que as mulleres teñan o control, teñan poder, teñan as chaves.

Para os machistas a palabra das mulleres non vale nada. Para os machistas, as mulleres somos impuras, por iso non podemos ser ministras de Deus. Para os machistas, se non hai máis mulleres nos gobernos ou nas institucións é porque non valemos. Para os machistas, as mulleres podemos ser nais aos 16 anos, mesmo aos 14 ou aos 15. Para os machistas as mulleres vimos ao mundo para parir con dolor. Para os machistas, hai que separar aos nenos das nenas nas escolas, porque as nenas son un obstáculo para o seu desenvolvemento. Para os machistas, as mulleres non dan espectáculo no deporte. Para os machistas, as lesbianas o son porque non probaron do seu. Para os machistas unha muller na fábrica, no asteleiro ou no taller é unha usurpadora. Para os machistas, as mulleres non somos iguais, somos superiores para o amor, o sacrificio, a tenrura, a comprensión e a abnegación. Para os machistas, un home sen machismo non é un home.

Combatamos o machismo, todas e todos! Fora os machistas da nosa sociedade, das nosas institucións, das nosas crencias, do noso deporte e da nosa cultura … Fora o machismo das nosas vidas! Nin unha morta máis!

 

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.

Non importa a idade, crenzas relixiosas, situación económica, formación ou estrato social. As mulleres seguimos a ser vítimas dos que se din “os nosos compañeiros” mais que non ven en nós a unhas iguais senon a seres que deben ser dominados e controlados ata chegar á morte.

Todas e todos temos que lembrar que debemos implicarnos na loita contra a violencia sobre as mulleres

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista

 

Luns 10 de Agosto ás 20:30 en Coristanco, diante da Casa do Concello.

 

Luns 10 de agosto, ás 20:00, na Praza do Concello de Ferrol

Salcedo: pola defensa dos montes e contra ampliación dos terreos da Brilat

Este domingo 28 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres participou na mobilización que as veciñas e veciños de Salcedo convocaban pola defensa dos montes e contra ampliación dos terreos da Brilat. Esta ampliación afecta a máis de 10.000 vivendas dos concellos de Pontevedra, Marín e Vilanova, afecta a milleiros de fincas agrícolas, forestais, a varias empresas. Con esta ampliación roubanlle a Salcedo todo o monte comunal, roubanlle polo tanto unha parte importante do seu patrimonio cultural e con el a toda Galiza. O monte comunal figura importante e con leis propias no territorio galego.

Este domingo 28 de xuño  saimos ao redor de 3000 persoas desde o Campo do Casal(Salcedo) en marcha polos monte de Salcedo, vimos unha construción de aldea afgana, pola outra non nos deixaron pasar, ao longo deste percorrido encontrámonos nos cruces dos corta lumes e corredoiras varias furgonetas da “policia nacional” e militares, para que só fósemos por onde eles nos deixaban. Nin no monte somos libres. Este domingo 28 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres  fixemos un chamado contra a militarización da vida e contorno das veciñas e veciños de Salcedo e da cidadanía do mundo enteiro. EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES, E TODOS.

{gallery}2009_salcedo_brilat{/gallery}

En apoio das Labregas

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza adire á tractorada virtual proposta pola Rede Anticapitalista galega para sumar así á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias.

Máis información sobre a tractorada na web do Sindicato Labrego Galego.

Máis información sobre a tractorada virtual na web da Rede Anticapitalista.

Catro activistas da Marcha Mundial das Mulleres detidas en Turquía.

No medio dunha operación policial que se saldou coa detención de 35 sindicalistas do KESK – Confederación de Sindicatos de Empregados Públicos e EGITIAM-SEN – Sindicato do Ensino, catro activistas da Marcha Mundial das Mulleres vinculadas a estes sindicatos, viron como na mañá do día 28 foron asaltadas as súas vivendas e confiscados os seus ordenadores e documentación. Desde esse mesmo momento os seus representantes sindicais e advogados non puideron ter notícia nengunha sobre a súa situación.

Trátase de Yuksel Mutlu (Asociación de Dereitos Humanos – Human Rights Association); Songul Morsumbul, Secretaria de Mulleres da KESK – (Women’s Secretary of the KESK – Confederation of Public Employees Trade Unions); Gulcin Isbert Secretaria de Mujeres de EGITIM-SEN  (Women’s Secretary of the EGITIM-SEN) e Elif Akgul, anterior Secretaria de Mulleres de EGITIM-SEN

A Confederación Sindical Internacional leva denunciando reiteradamente a violación dos direitos sindicais en Turquia, e somos coñecedoras tamén, das dificultades que tiñan que superar as nosas compañeiras, para celebrar datas tan significativas como a do 8 de Marzo “Dia Internacional das Mulleres”, data na que se enfrentan a proibicións gubernativas, represión policial das manifestacions e detencións.

A Marcha Mundial das Mulleres esixe a sua posta inmediata en liberdade xunto ao resto de sindicalistas, no que valora como un ataque directo ao traballo desenvolvido polas nossas activistas na defensa dos dereitos das mulleres, tanto dentro da súa actividade sindical como no movimento social opositor en Turquia.

A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza enviou ao presidente turco Abdurrahman Gul, unha comunicación onde se lle pide a inmediata liberdade das persoas detidas nesta operación contra o movimento sindical turco e contra as activistas da Marcha Mundial das Mulleres.

A continuación tedes un modelo de carta (individual e colectiva) pedindo a liberdade dos 35 sindicalistas e das nosas compañeiras, que podedes descargar e enviar ao número de fax do presidente turco: 0090 312 418 4183 para amosar a vosa solidariedade.

[ Descargar a carta individual ]
[ Descargar carta colectivos/organizacións ]

Tamén podedes enviar cartas as autoridades Turcas a través dos seguintes enderezos electrónicos:

bimer@basbakanlik.gov.tr (atención ao cidadán)
bphism@egm.gov.tr (ministerio do interior)
ou a calquera dos parlamentarios Turcos do seguinte Listado de correos-e

Agradeceriamos tamén que vos fixerades eco da nova nas vosas webs ou enviarades aos vosos correos esta petición.

[ Máis información WMW ]

En solidariedade.
Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres.

 

,

Maio Reivindicativo na Praza da Quintana

Este 31 de Maio tivo lugar na Praza da Quintana o acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza que sirve como feche da primeira parte da campaña EU DECIDO! En Defensa do Dereito ao Aborto, na Sanidade Pública!. Estas son algunhas imaxes do maio reivindicativo e a alfombra floral realizados ao longo da mañá:

{gallery}2009_31maio{/gallery}

 

Domingo 31 Maio: Acto Reivindicativo na Praça da Quintana, Compostela

FLORES, MÚSICA, POESIA E COPLAS…EM DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA!!

O próximo domingo 31 de Maio, a Marcha Mundial das Mulheres concluirá a primeira fase da campanha EM DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA. EU DECIDO! que leva, ao longo das últimas semanas no nosso país, abrindo espaços de debate e reflexom mediante palestras e performance. Um debate ao redor da necesidade de afiançar o direito aborto, que está recolhendo apoios de organizaçons e colectivos sociais, ademais de sinaturas de todas aquelas pessoas que vem, coma nós, a necessidade de asegurar um direito fundamental das mulheres, o direito ao aborto.

Todo isto num contexto político onde, por umha banda se apresenta um proxecto de lei que pretende ampliar a cobertura legal de mulheres e profesionais que practicam abortos, e por outra banda existe um ataque virulento por parte dos sectores máis patriarcais da sociedade, que apresentam umha forte resistencia a todo o que suponha soberania das mulheres sobre o seu corpo e autonomia para tomar as decisións que lhe atinge, sem pressons, sem tutelas nem paternalismos .

O feche desta campanha consistirá na construçom, na Praça da Quintana de Compostela, dum maio reivindicativo e umha alfombra floral. Elegiu-se esta forma de manifestar as nossas reivindicaçons, conhecedoras da tradiçom arraigada na nossa cultura, de celebrar a efervescencia que supóm a primavera, com vínculos fortemente arraigados á fecundidade dos seres vivos. A festa dos maios ou as alfombras florais, som algumhas destas expressons coas que o nosso povo celebra essa fecundidade.

As feministas da Marcha Mundial das Mulheres, junto a todas as pessoas e colectivos que nos queiram acompanhar o domingo 31 de Maio, construiremos um maio e umha alfombra floral para reivindicar que a fecundidade das mulheres, o poder de dar a vida, numha sociedade justa, solidaria e em igualdade, nom se pode entender sem garantir o direito a decidir.

Convidamos a achegar-se á cidade de Compostela, desde as 11 da mánha do domingo 31 de Maio aportando flores de cor vermelho, rosa, lila e branco, ou felgos e fiunchos cos que encher a alfombra co lema EU DECIDO! e o maio que levará a forma do símbolo feminista.

Desde as once da manhá recibiremos a todas as pessoas e colectivos participantes convidando-as a fazer o trabalho de clasificaçom das flores e prantas, que estarám colocadas nas escaleiras da Praça da Quintana. Iremos colocando as flores clasificadas por cores e separando os pétalos nas zonas que estarám sinalizadas.

Mentres, as companheiras encargadas montarám a estructura do maio e pintarám a base da alfombra.

Umha vez clasificadas e separados os pétalos, procedera-se ao enchido das zonas da alfombra e o maio que se corresponda com cada cor.

Ao tempo que se realiza este trabalho, soará música ambiental, que se parará, para escoitar a todas aquelas mulheres e colectivos que queiram, bem com coplas, bem com cançons ou poesias, expresar as súas reivindicaçons. No nome da Marcha leera-se um comunicado ao remate do acto.

Palestra da Marcha Mundial das Mulleres en Bergantiños

Seguindo coa campaña dos actos  que a Marcha Mundial de Mulleres está a desenvolver en todo o noso país en defensa do dereito ao aborto, tivo lugar onte a charla na Comarca de Bergantiños donde participaron unha treintena de mulleres e homes, a delegada da Asociación de Fibromialxia de Bergantiños (AGAFI) e integrantes do proxecto Rodela e do Banco de Tempo.

Fíxose unha ampla exposición da problemática do aborto abordando a situación actual e a presentación do libro “O Dereito a Decidir” -situación e alternativas á despenalización do aborto- donde se recóllen as conclusións das xornadas que se desenvolveron no ano 2008 na cidade da Coruña.

Con esta publicación e a súa divulgación totalmente gratuíta tanto en papel como en formato electrónico pretendemos aportar diversos puntos de vistas que axuden a entender mellor o contexto histórico, xurídico e sanitario da actual regularización e establecer as bases para a discusión dentro da sociedade galega das alternativas á despenalización.

Rematada a exposición das ponentes abriuse un coloquio donde se tratou de afondar nas diversas alternativas que nel se recollen.

Apoio da MMM a iniciativas estatais em defensa do direito ao aborto

A Marcha Mundial das Mulheres na Galiza apoia as iniciativas estatais http://mujeresantecongreso.blogspot.com/ e www.nosotrasdecidimos.org em defesa do direito a decidir das mulheres. Consideramos fundamental neste momento que o movimento feminista nacional e estatal trabalhe conjuntamente para que as vozes das mulheres sejam escuitadas e integrem toda iniciativa em prol da legalizaçom do aborto e de garantir os direitos sexuais, reprodutivos e de decisom de todas as mulheres sem nenhum tipo de discriminaçom. Nom nos conformaremos com leis ambíguas que deixem à vontade de governos autonómicos, grupos conservadores, funcionariado, etc, a aplicaçom efectiva destes direitos, nem que se questione a capacidade das mulheres para tomarem as suas próprias decisões, obrigando-as a mais três dias de reflexom. As mulheres continuaremos a luita até conserguirmos que o sistema judicial, educativo e sanitário garanta os nossos direitos firmemente e sem condições.

Novas palestras para presentar a Campaña Nacional en defensa do Dereito ao Aborto, na Sanidade Pública

Nesta semana terán lugar dúas palestras en defensa do dereito ao aborto nas que compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres falarán sobre os principios básicos da campaña nacional que se está a desenvolver na Galiza, da situación actual de vulnerabilidade xurídica e precariedade sanitaria e educativa das mulleres e das profesionais, e da necesidade de cohesión da sociedade e do movimento feminista na defensa dos dereitos das mulleres.

En Val Miñor, o mércores 20 ás 19h na Antiga Estación de Tranvías da Ramallosa.

En Carballo, o venres 22 ás 20:30 no Telecentro no Pazo da Cultura.
YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram