Mércores 29 xuño – 20.30h
Xunto ao Museo Arqueolóxico
Praza Maior (escaleira Santa MarÃa Nai)
Con motivo do 28 de xuño, DÃa Internacional do Orgullo LGTB, a Marcha Mundial das Mulleres e AGLET (asociación de gais, lesbianas e transexuais de ourense) organizamos unha mesa redonda para falar das necesarias alianzas estratéxicas do movemento LGTB e o movemento feminista na nosa cidade e no noso paÃs para combatermos xunt@s o patriarcado  e todo o que supón para as nosas vidas.
Na mesa redonda participarán a Marcha Mundial das Mulleres, que quere colaborar na reivindicación deste dÃa do Orgullo como un dÃa tamén de reivindicación feminista, Jorque Quintela presidente de AGLET, Alfredo DomÃnguez ,membro de AGLET e Laura Bugallo compañeira feminista.
Organizan: Marcha Mundial das Mulleres e AGLET Ourense
