Presentación na Coruña da publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto

‘Entón, que significa para nós isto de sentirnos queridas?…probabelmente se pode resumir nunha secuencia do estilo:«sentímonos tidas en conta – respectadas – valoradas/admiradas – importantes ou, mellor aínda, fundamentais ou mesmo únicas para os demais»…porque todo isto fainos sentir «alguén» – respectábel – valorábel/admirábel – importante/fundamental/única»…e cando isto sucede sentímonos satisfeitas e felices, e motivadas para estabelecer novas relacións con outras persoas…e se isto é así a maior parte das veces, aprendemos a nos querer a nós mesmas e acadamos un nivel de confianza e de seguridade que mesmo nos permite superar con éxito as experiencias negativas cando estas se producen.’

Fragmento do libro ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual’ do Grupo Lúa Crecente

 

Feira Soberanía AlimentariaA coordenadora comarcal da MMM na Coruña organiza para este venres 24 de Abril a presentación da publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto‘ xunto con a charla sobre a ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual con perspectiva de xénero‘ a cargo de Lola Ferreiro, catedrática de saúde, membra do Grupo Lúa Crecente, enfocado na educación para a saúde desde a perspectiva de xénero, e coordinadora da publicación ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual‘.

O acto terá lugar ás 20:00 horas na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa dos Olmos 16-18 1º andar).

Para mais información contactar con marchacorunha@gmail.com

Links para baixar libros de Lola Ferreiro:

http://sgi.xunta.es/document/coeducacion.pdf

http://www.xunta.es/auto/sgi/document/estudocoeduc.pdf

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram