Confirmado o asasinato machista de María Belén F. F. de 52 anos, este domingo 1 de febreiro en Sanguiñedo, Mos, o feminismo galgo activa o protocolo de reposta e convoca mobilizacións este martes en todo o país.
▶ Incorpóranse novas convocatorias:
A Coruña, 20h Obelisco A Guarda, 20h Praza do reloxo As Pontes, 20.30h Praza do Hospital Betanzos, 20h Palco da Músic Cangas, 20h diante do Concello Carnota, 19h Praza da Pedra Compostela, 20h Praza 8M Ferrol,20h Praza de Armas Lugo, 20h diante do Concello Melide, 20.30h Praza do Convento Moaña, 19.45h Xardíns do Concello Monforte, 20h Praza de España O Rosal 19h Praza do Concello O Porriño, 20h Praza do Concello Ourense, 20h Castañeira (Subdelegación) Pontedeume, 20.15h diante do Concello Pontevedra, 20h Audiencia Ribadavia, 20h Praza da Madalena Ribadeo, 20.30h Praza 8 de Marzo Ribeira, 20h Praza do Concello Tui, 20h Praza da Inmaculada Val Miñor, 20h Cruce da Ramallosa Vigo, 20h Museo MARCO Vilagarcía de Arousa, 20h Praza Galicia Vilalba, 20h no Templete
Material para descargar e empregar nas concentracións:
Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres Galiza ante os feitos de abuso sexual que se denuncian contra o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca:
A Marcha Mundial das Mulleres en Galiza quere expresar con absoluta contundencia a súa condena fronte ás graves acusacións de acoso feitas contra o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a nosa solidariedade plena coas mulleres denunciantes. Sabemos que non é doado sinalar situacións de violencia machista en estruturas de poder que, demasiadas veces, actúan como barreiras silenciosas.
Ademais, queremos condenar explicitamente as declaracións realizadas por José Tomé ante as acusacións, nas que califica as denuncias como “montaxe” e resta credibilidade ás vítimas. Este tipo de respostas non só revitimizan ás mulleres que deron o paso, senón que reproducen os patróns do machismo institucional.
Ante a gravidade destes feitos:
Exiximos a dimisión inmediata de José Tomé de todas as súas responsabilidades políticas e institucionais. A exemplaridade pública é incompatible con manter no cargo a alguén sobre quen recaen acusacións tan graves.
Demandamos que o PSOE actúe con responsabilidade e sexa exemplar, evitando ratificar que é un partido que só performa feminismo cando lle convén, incapaz de actuar con firmeza cando as violencias machistas aparecen no seu seo. Nestes momentos debe decidir se é unha forza sistémica que antepón a súa autoprotección á defensa das mulleres ou non. É por isto que EXIXIMOS que pidan a dimisión inmediata e se deixen de dilacións e cálculos políticos.
Solicitamos ao PSOE unha investigación interna rigorosa e independente, e exiximos que quen coñecese os feitos e non actuase abandone o partido e os seus cargos, pois o silencio perpetúa a violencia.
Manifestamos que a ausencia dunha denuncia xudicial non invalida a gravidade das acusacións nin debe servir de escusa para a inacción. Os protocolos galegos de violencia machista non condicionan a actuación institucional á existencia de denuncia penal.
Instamos ao resto de organizacións políticas, nomeadamente ao Partido Popular, a non utilizar este caso como arma arroxadiza, tendo en conta os precedentes moi recentes da súa actuación neglixente co Conselleiro Villares. A violencia machista é estrutural e manifesta tamén o seu poder en escenario políticos, partidarios e institucionais.
Denuncias como esta, como a do ex-conselleiro Alfonso Villares ou as doutros cargos socialistas coñecidas estes días, son síntoma dun machismo estrutural profundo que a sociedade galega está obrigada a confrontar.
A violencia machista é algo inherente ás estruturas sociais actuais, pero iso non significa que sexa inevitable. A diferenza está en escoller entre ser valentes ou ficar caladas, entre actuar ou consentir. Debemos estar do lado da valentía, da transparencia e da protección das agredidas. As declaracións públicas de José Tomé e a súa negativa a dimitir representan a opción contraria: a de blindarse, minimizar, negar e manterse no poder custe o que custe. Así como o posicionamiento actual do PSdeG: non exixir responsabilidades, escorrer o vulto e botar balóns fóra.
Expresamos o noso apoio ás mulleres que deron o paso de denunciar. Pedimos máximo respecto á súa confidencialidade e agardamos que non exista calquera filtración ou cuestionamento público destas mulleres.
A Marcha Mundial das Mulleres de Compostela convoca á manifestación do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres, con saída ás 20h desde a Praza 8 de marzo, cun percorrido similar ao dos últimos anos, e rematando na Praza de Praterías.
Neste 25 de novembro do 2025, mobilizámonos sob o lema Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista, porque sabemos que a violencia institucional constitúe o carácter estrutural da violencia machista, permeando a cada ámbito da vida e impedindo a conquista dos nosos dereitos. Precisamos reconstruír con perspectiva feminista toda a engrenaxe institucional da nosa sociedade para eliminar as discriminacións e as violencias que sufrimos as mulleres galegas. Con esta tarefa e a organización como a nosa mellor ferramenta seguimos en marcha, até que todas vivamos libres de violencia.
Desde o feminismo organizado, desde a Marcha Mundial das Mulleres, levamos décadas denunciando os crimes machistas como máxima expresión da violencia machista, mais esta violencia toma numerosas formas que tecen unha rede de opresión sobre as mulleres, nomeadamente as de clase traballadora, que cómpre enfrontar en todas as súas dimensións para avanzar na transformación social e na construción dunha sociedade xusta e feminista.
A violencia institucional ocorre cando axentes ou membros de organismos públicos levan a cabo de xeito inadecuado as súas funcións e non proporcionan nin a información nin os servizos de forma adecuada provocando un trato inxusto e incorrendo en situacións de abuso de poder. Neste sentido, calquera autoridade pode incorrer neste tipo de prácticas que teñen efectos discriminatorios e negativos directos nos dereitos das mulleres e que poden afectar tanto a integridade individual como a colectiva.
Velaí os eixos polos que este ano saímos ás rúas no 25N. En Compostela será nunha manifestación convocada pola MMM que sairá da Praza 8 de marzo ás 20h. No que respecta a esta convocatoria, queremos trasladar que nos últimos anos, tanto nas datas do 8M como do 25N a MMM ven convocando manifestación en solitario despois de situacións vividas en convocatorias conxuntas, pola disensión existente con outros colectivos na abordaxe de cuestións como a transexualidade. Na manifestación do 25 de novembro do ano 2023 e en aras da unidade do feminismo, decidimos dar pasos para acadar unha manifestación única, como así tivo lugar. Mais, lamentabelmente houbo quen aproveitou esa convocatoria conxunta para amosar condutas transfóbicas, cousa que desde a MMM non toleramos. Tivemos coñecemento de feitos moi desagradábeis acontecidos nesa manifestación do 25N de 2023, entre eles agresións ao colectivo LGTB+, polo que a nosa organización decidiu non volver convocar conxuntamente cos outros colectivos implicados, que acollen persoas con esas condutas transfóbicas.
Por iso, igual que fixemos o pasado 25 de novembro de 2024 e o 8 de marzo deste ano, de cara a este 25 de novembro desde a MMM preparamos a manifestación conmemorativa do 25N en Compostela. A MMM de Compostela, comunicou en tempo e forma á Subdelegación do Goberno a celebración dunha manifestación o 8M, con saída ás 20h desde a Praza 8 de marzo. Mais a nosa sorpresa foi atoparnos con outra convocatoria, que se lanza para a mesma hora e lugar, e coa pretensión de ser unitaria, mais na que figura como organizadora algunha das mesmas plataformas que en varias ocasións e concretamente na manifestación do 25N 2023 ampararon as condutas tránsfobas polas que decidimos non volver convocar conxuntamente.
A nosa sorpresa foi maior, ademais, ao coñecer que a Subdelegación do Goberno, logo do informe favorábel da Policía Local de Compostela, autorizou dúas manifestacións que concordan en hora, lugar e percorrido, algo que no pasado xa supuxo confusión e mesmo problemas de seguridade e que, desde logo, non é o proceder habitual nestes casos.
Facemos un chamamento a aquelas mulleres que consideran, coma nós, que o feminismo é unha loita diaria que busca estabelecer e mellorar os dereitos das mulleres. Para a MMM o suxeito político do feminismo é a muller, sen importar o pasaporte, nin o q diga o D.I., nin o que se lea socialmente negando a nosa voz. Para nós muller é a persoa que coida, que é nai se quere, que aborta se lle peta, que non ten descendencia se así o decide, solidaria, sacrificada, que non promociona no traballo porque hai barreiras que llo impiden, que sofre violencia machista, institucional, obstétrica, e que loita todos os días para derrubar un patriarcado que a oprime pola súa condición, sexa esta biolóxica ou non. Esas son as mulleres polas que loitamos as mulleres da MMM. E non imos pasar por sumarnos a convocatorias que baixo a aparencia da unidade agochan condutas que van en contra desta cuestión fundamental para as mulleres e para a nosa organización, ademais de pretender invisibilizar o traballo de organizacións que loitamos todo o ano pola fin do patriarcado.
Tamén queremos comunicar publicamente algo que xa trasladamos tanto á Subdelegación do Goberno como á Policía Local: non entendemos como se autorizan dúas manifestacións concorrentes en hora e lugar e, desde logo, facemos responsábeis a estas institucións que así o autorizaron das incidencias ou problemas que poidan xurdir na xestión e transcurso destas manifestacións.
Nese sentido, cobra aínda máis valor o lema da campaña da Marcha Mundial das Mulleres para este 25N: Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista.
Novamente un asasinato machista na Galiza e un goberno ausente, cando non cómplice de agresores. Este martes 17 de xuño respostamos novamente nas rúas cheas de indignación ante un novo feminicidio!
Todas á rúa, BASTA DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!
CONCENTRACIÓNS
A Coruña, 20h Obelisco A Guarda, 20h Praza Avelino Vicente As Pontes, 20:30h Praza do Hospital Betanzos, 20h Palco da Música Carnota, 20h Praza da Pedra Cee, 20:30h Praza 8 de marzo Celanova, 19:30 Praza das Pitas Chantada, 20:30h Praza do Cantón Compostela, 20h Praza 8 de marzo Ferrol, 20h Praza de Armas Lalín, 20:30h KM0 Melide, 20:30h Praza do Convento Moaña, 19:45h Praza do Concello O Porriño, 20h diante do Concello
O Rosal, 20h diante do Concello Ourense, 20h Castañeira Padrón, 21h diante do Concello Ponteceso, 20:30h Praza do Recheo Pontedeume, 20h diante do Concello Pontevedra, 20h Audiencia Provincial Ribadavia, 20h Praza da Madalena Ribadeo, 20h Praza 8 de marzo Ribeira, 20h Praza do Concello Tui, 20h Praza da Inmaculada Val Miñor, 20h Cruce da Ramallosa Vilalba, 20:30h Casa da Cultura Vigo, 20h no MARCO Vilagarcía, 20h Praza de Galiza
Desde a Marcha Mundial das Mulleres, ante o asasinato de Estela Blach Silva, de 36 anos, en Baiona, queremos reiterar a nosa solidariedade e apoio aos seus seres queridos. Asemade, esiximos ás institucións que aceleren as investigacións sen dilatar ou relegar a confirmación do caso como un feminicidio oficial.
O recoñecemento da violencia machista como tal e o seu sinalamento público é clave para visibilizala e combatela. Da mesma maneira que noutros casos nos que o retraso na actuación, a falta de transparencia ou a existencia de prexuízos de clase invisibilizaron as vítimas, desde o feminismo galego temos o compromiso de estar pendentes deste caso e reclamar xustiza para Estela Blach. Non permitiremos que ese asasinato quede no esquecemento ou na indiferenza.
A violencia machista asasinou en Galiza xa máis de 70 mulleres desde que temos estatísticas oficiais. Ademais, sabemos que moitas desas estatísiticas borraron durante anos a moitas vítimas por non existir unha relación de parella, polos prexuízos nos operadores policiais e xudiciais e pola demora por parte do Estado español en comezar a aplicar o Convenio de Istambul e unha definición ampla e transversal da violencia machista.
Este sería o cuarto asasinato machista no que levamos de ano. Antes, o femismo galego saímos ás rúas en marzo ante o asasinato de Andrea Yturry Alave. Antes, o feminismo galego saímos ás rúas en agosto ante o asasinato de Mercedes Ríos Muñiz. Antes, saímos ás rúas en outubro ante o asasinato de Fadoua Akkar.
Nesta ocasión permanecemos alerta á espera de confirmación oficial. Alerta máxima porque sabemos había unha denuncia e que había unha orde de afastamento. Sabemos que a vítima fixo todo o que, ás portas deste 25N, imos oír que se lle esixe ás vítimas. Porén, iso non serviu para protexela.
Permaneceremos atentas para que se esclareza este caso e ESIXIMOS QUE SEXA O ANTES POSÍBEL, reclamamos xustiza e reparación e activaremos a resposta nas rúas se non hai confirmación oficial nos próximos días.
Nin unha menos! Querémonos libres e querémonos vivas!
Ante outro crime machista no noso País, o feminismo galego responde con mobilizacións para o luns 7 de outubro ante o feminicidio de Fadoua Akkar en Domaio, concello de Moaña.
Listaxe de mobilizacións:
A Coruña, 20h Obelisco A Guarda, 20h Praza do Reloxo A Gudiña, 20h Casa do Concello As Pontes, 20:30h Praza do Hospital Betanzos, 20h Palco da Música Catoira, 20h na Alameda Celanova, 20h Praza Maior Chantada, 20:30h Praza do Cantón Compostela, 20h Praza 8M Ferrol, 20h Praza de Armas Lalín, 20:30h KM0 Lugo, 2oh diante do Concello Moaña, 18h Praza do Concello O Porriño, 20h diante do Concello O Rosal, 19h Praza do Concello Ourense, 20h Castañeira Ponteceso, 20:30h Praza do Recheo Pontevedra, 20h Audiencia Provincial Ribadavia, 20:30h Praza Maior Tomiño, 20h Praza do Seixo Vigo, 20:30h MARCO Vilalba, 20:30h Casa da Cultura
Ante outro crime machista no noso País, o feminismo galego responde con mobilizacións para o xoves 21 de marzo ante o feminicidio de Andrea Yturry Alave.
Listaxe de mobilizacións:
A Coruña, 20h Obelisco A Guarda, 20:15h Praza Avelino Vicente A Gudiña, 12:30h ao lado do Concello As Pontes, 20:30h Praza do Hospital Betanzos, 20:30h Palco da Música Carnota, 19h Praza da Pedra Catoira, 20:30h alameda do Concello Celanova, 20h Praza Maior Chantada, 20h Praza do Cantón Compostela, 20:30h Praza 8M Ferrol, 19h Praza de Armas Lalín, 20:30h KM0 Moaña, 20h Praza do Concello Noia, 20h diante do Concello O Porriño, 20h diante do Concello O Rosal, 20h praza do Calvario Ourense, 20h Castañeira Padrón, 20:30h enfronte do Concello Pontedeume, 19:45h Praza do Concello Pontevedra, 19:30h Praza da Peregrina Ribadavia, 20h Praza Maior Ribadeo, 20h Praza 8M Val Miñor, 19:30h Cruce da Ramallosa Vigo, 20:30h MARCO Vilagarcía, 20:30 Praza de Galiza Vilalba, 20:30h Praza da Constitución
A Coruña, 20h Obelisco A Gudiña, 12:30h Concello As Pontes, 20h Praza do Hospital Ames, 12h Praza da Maía Betanzos, 20h Palco da música Carnota, 12h Praza da Pedra Compostela, 20h Praza 8 de marzo Ferrol, 19h diante do Concello O Porriño, 12h diante do Concello Ourense, 12h na Castañeira Ponteceso, 20h Praza do Recheo Pontevedra, 18h Audiencia Provincial Ribadeo, 20h Praza 8 de marzo
Vilalba, 19:30h Casa da Cultura Vigo, 19h no MARCO
A data 25 de novembro, escollida no 1981 no I Encontro Feminista Latino – Americano e do Caribe, presta homenaxe ás irmás Mirabal, vítimas do feminicidio e da ditadura. Elas foron ecarceradas, violadas e asasinadas a mando da ditadura da República Dominicana nos anos 60. En nome da memoria colectiva, o día marca as loitas polo fin das violencias contra as mulleres.
Neste 25 de novembro do 2023, desde a Marcha Mundial das Mulleres en Galiza, mobilizámonos sob o lema Organicémonos contra as violencias machistas, porque achamos máis que imprescindíbel a autoorganización das mulleres, a autoorganización da loita feminista para combater este sistema que nos condena. Porque non imos deixar de loitar até que todas sexamos libres.
Consulta as mobilizacións! [en actualización 23/11]
A Coruña, 19h Obelisco As Pontes, 18:30h Praza do Hospital Ames, 12h Praza do Concello Betanzos, 18:30h Palco da Música Carnota, 19h Praza da Pedra Catoira, 20h Alamedia do Concello Cee, 20h Praza 8M Compostela, 20h Praza 8M mani |21:30h Ruada P. Praterías Ferrol, 19h Praza do Himno Lalín, 12:30h Praza da Igrexa Lugo, 20h Multiusos da Xunta Monforte, 17h Praza de España O Porriño, 20h diante do Concello Ordes, 19h Alameda Ourense, 12:30 Acción Paseo – Concordia | 19:30h Mani Subdelegación
Padrón, 20h Praza de Macías Ponteceso, 13h Praza do Recheo Pontedeume, 12h Praza do Concello Pontevedra, 12h Praza de Ourense Rianxo, 12h Praza de Padrón Ribadavia, 20h Praza Maior Ribadeo, 19:30h Praza 8 de marzo Val Miñor, 20:30h Cruce da Ramallosa Vigo, 20h Vía Norte/Urzaiz Vilagarcía, 12h Praza de Galicia Vilalba, 18:30h Praza da Constitución
A Marcha Mundial das Mulleres advirte de que a Xunta agrava a saúde sexual e reprodutiva ao derivar a interrupción de embarazos á sanidade privada, ante a información da licitación de convenios con clínicas privadas por 1,4 millóns de euros.
A interrupción voluntaria do embarazo é un dereito que ten que poder exercerse con garantías de saúde integral para as mulleres e non concibirse como un negocio para as clínicas privadas. A administración pública debe contar con recursos suficientes na rede sanitaria pública galega para facer efectivo este dereito.
A consideración das autoridades sanitarias da interrupción do embarazo como un procedemento menor, sen riscos, implica un claro menosprezo da nosa saúde e impón un castigo ás mulleres que deciden abortar ao seren expulsadas do sistema público de saúde.
Os concertos con clínicas privadas obrigan moitas veces as mulleres e térense que desprazar fóra da súa área sanitaria, tendo que dispor dun medio de transporte axeitado e co conseguinte risco após unha intervención destas características.
A obxección de conciencia do persoal sanitario non pode ser motivo para que na rede pública non se conte con persoal suficiente para garantir as intervención. Unha boa forma de paliar este problema sería destinar os recursos dos convenios coa privada a aumentar os recursos públicos.
As mulleres galegas seguimos a reclamar aborto libre, gratuíto e na seguridade social para todas e demandamos que a Xunta de Galiza asuma as súas competencias e garanta:
– Educación afectivo sexual obrigatoria no currículo escolar.
– Programas de divulgación e información sobre dereitos sexuais e reprodutivos a través dos CIM, que deben incrementarse en número e recursos para poder atender as demandas do conxunto do país. Os dereitos sexuais e reprodutivos débense abordar como unha liña de traballo específica con persoal capacitado.
– Os centros Quérote +, residuais e desnaturalizados após a chegada do PP ao Goberno da Xunta deben recuperar as funcións da educación sexual e reprodutiva, a identidade afectivo sexual e o acceso a anticonceptivos.