
Do 5 ao 7 de decembro tiveron lugar as Xornadas Feministas Estatais en Granada onde mais de 3.000 feministas de todo o Estado, e mesmo de fóra do mesmo, tiveron a oportunidade de se encontrar e reencontrar despois de moitos anos de loita pola defensa dos dereitos das mulleres.
Mais de 100 palestras compuxeron a grande diversidade de perspectivas que conforman os feminismos de hoxe en dÃa, desde as temáticas mais coñecidas aÃnda que con moito camiño que andar sobre a violencia de xénero, a migración, os dereitos laborais, o dereito a decidir das mulleres, a prostitución, pasando polo uso do feminismo como ferramenta polÃtica de transformación radical da sociedade e dos poderes polÃticos, mais tamén de autocoñecemento, empoderamento e fortalecemento do corpo e mente das mulleres e a súa relación coa terra, até chegar a mais recentes debates sobre a integración ao movemento das novas feministas, a procura de alternativas para afrontar o estado de sitio ao que o capitalismo ten sometida a nosa sociedade e especialmente as mulleres, as iniciativas de transformación socio-polÃtica e económica que supón por exemplo a SoberanÃa alimentar e a transversalidade das accións feministas, e tamén moi importante a significativa participación do movemento trans, queer, lésbico-feminista…que enriqueceu o debate alén dos nosos corpos e identidades, ofrecendo novas oportunidades de pensamento, reflexión e acción contra o machismo.
ImposÃbel seria elaborar unha serie de conclusións sobre estas xornadas, debido a súa diversidade e grandiosidade, mais se algunha se pode destacar seria a da necesidade de construÃr redes dentro do movemento feminista, de establecer lazos fortes de entendemento e afectividade, criando relacións feministas e rexeitando as xerarquÃas machistas, superando asà o isolamento nas loitas comúns que é a nosa grande debilidade e non beneficia mais que aos poderes patriarcais e capitalistas.
Terminamos o ano con moito camiño andando e con moito camiño por andar, mais coa certeza de que a loita feminista continúa.
