Encontro Nacional 2024

Contidos do Encontro

No próximo ano a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres cumple vinte e cinco anos de historia construíndo un feminismo de base, anticapitalista, antirracista e antiimperialista na Galiza. Ao longo destes anos contribuímos para a construción dun feminismo galego centrado no país, forte, con capacidade de incidencia social e con voz de seu no mundo en pé de igualdade co resto de pobos. 

Pensando na organización deste ano de celebración e reivindicación realizaremos este Encontro Nacional para pór en común ideas, axendas e propostas de cara a 2025, ano no que tamén decorrerá a nivel internacional a nosa V Acción Internacional.  

Para estes traballos convocámonos ao Encontro Nacional “En Marcha até que todas sexamos libres” que realizamos o 14 de decembro en Compostela e que queremos compartir con aquelas compañeiras e aliadas que queiran acompañarnos. 

  • Os 25 anos da Marcha na Galiza.
  • Retos para o presente e o futuro.
  • 25 aniversario, un ano para relanzar o proxecto.
  • Enfrontar as violencias machistas na Galiza de hoxe.
  • Despedida. recollida de acordos e peche do encontro.

Horarios

10.30h Benvida.
11h Sesión de mañá.
14h Xantar (trae algo para partillar)
16h Sesión de tarde.
18h Peche do Encontro.

Xantar

Organizaremos un xantar comunitario onde cada quen aporta na medida das súas posibilidades. 

Lugar do Encontro

CERSIA

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña

rante todo o Encontro Nacional teremos un espazo para crianzas. 

Formulario de Inscripción

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram