qr telefone ourense
Botón de Instagram Síguenos en Instagram
Espazos educativos libres de violencia machista

.

Espazos educativos libres de violencia

ESPAZOS EDUCATIVOS LIBRES DE VIOLENCIA MACHISTA.

Dende Marcha Mundial das Mulleres lanzamos unha campaña para denunciar as violencias que estan sufrindo as mulleres e as nenas nos centros educativos de Ourense.

A primeira denuncia pública é a demanda á Inspección Educativa para que tome medidas urxentes no Instituto Xulio Prieto Nespereira (Sexto) ante os casos dos que xa ten coñecemento nese centro.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres de Ourense presentamos a campaña “Espazos Educativos Libres de Violencias Machistas”, unha iniciativa que xorde da necesidade urxente de garantir que os centros educativos sexan espazos seguros, libres de abusos, acoso, violencia e impunidade.

Esta campaña non nace da teoría. Nace da realidade que se está a vivir. Nace da preocupación, da indignación e da responsabilidade colectiva diante de situacións moi graves que están acontecendo na cidade e que afectan directamente á comunidade educativa.

A Marcha quere ser o altofaltante daquelas que dentro dos espazos educativos se están vendo violentadas de xeito cotiá, queren visibilizar e denunciar publicamente estes casos e esixir responsabilidades ás persoas e institucións competentes pola súa neglixencia e complicidade cos agresores .

Por desgraza, esta cidade ten demasiado reciente o caso de Martiño Ramos, onde se evidenciou o absoluto desleixo, oscurantismo e incompetencia co que actuaron tanto equipa directiva como consellería de educación, sabemos como cambiaron a este indivio de centro, expoñendo a outras crianzas, como a Consellería non tiña ningunha intención de abrir expediente e apartarlo, e como lle seguía pagando a súa nómina de docente, xa que estaba suspendido de empresa pero non de salario, e que foi estando xa preso en Cuba e 6 meses despois da sentencia firme que se levou a cabo esta suspensión.

A Marcha Mundial das Mulleres esiximos que dende xa a xefatura territorial e a Consellería actúen con rapidez, transparencia e contundencia diante de calquera indicio de violencia machista ou abuso de poder nos espazos educativos. Non podemos seguir permitindo que este tipo de situacións se traten desde o silencio, a opacidade ou a lentitude administrativa. Porque cando as institucións miran para outro lado, cando se minimizan os feitos ou cando non se aplican medidas claras e eficaces, o que se transmite ás vítimas é desprotección e abandono.

As violencias machistas non son feitos illados. Son unha consecuencia directa dun sistema que aínda hoxe continúa cuestionando ás vítimas, protexendo estruturas de poder e priorizando a imaxe das institucións fronte á seguridade das persoas. Por iso, dende a Marcha Mundial das Mulleres queremos ser claras e anunciamos que iremos concretando TODAS e cada unha das violencias que vaian coñecendo.

Denunciamos as gravísimas situacións de violencia que están a sufrirse no Sexto Instituto, no Xulio Prieto Nespereira e no que hai que actuar de inmediato xa que a situación persiste dende hai xa varios anos, e demandan das institucións compromiso político e actuacións reais.

ESIXENCIAS á Inspección Educativa, á Dirección Territorial e á Consellería de Educación da Xunta de Galicia:

  • Unha actuación inmediata e eficaz diante destas denuncias;
  • Investigacións rigorosas e transparentes;
  • Medidas cautelares cando sexan necesarias para protexer ás posibles vítimas;
  • Acompañamento e protección para as persoas afectadas;
  • Protocolos claros que garantan que ningunha situación de violencia machista quede impune nin silenciada.

Tamén reclamanmos transparencia institucional. A comunidade educativa ten dereito a saber que existen mecanismos de protección eficaces e que as administracións públicas están á altura da gravidade destas situacións.

Con esta campaña queremos abrir debate, crear conciencia e promover ferramentas colectivas para identificar, denunciar e combater as violencias machistas tamén nos ámbitos educativos. Porque educar en igualdade implica actuar fronte ás violencias e non tolerar nin a impunidade nin o silencio. 

E para isto despregaremos por todos os centros educativos cartelería e folletos co teléfono que veñen de habilitar 603962632 para que a través de WhatsApp calqueira persoa que sexa coñecedora dunha situación de violencia machista nun espazo educativo poida mandarnos esa información. Tamén poñen a disposición o seu Instagram @mmmgaliza e unha web específica na que recoller relatos espazoseducativos.feminismo.info

Seguiremos organizándonos e alzando a voz ata conseguir espazos educativos verdadeiramente libres de violencias machistas!

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram