Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres lanzamos unha campaña pra o 25 de novembro de 2018 centrada na autodefensa feminista. Con esta campaña queremos pór o foco no que podemos facer as mulleres para previr e respostar á violencia machista que nos agrede e mata.

No marco desta campaña editamos co Chaveiro Feminista, um chaveiro que queremos nos sirva para andar o camiño da luita feminista e facelo ademáis a través da organización e do traballo coletivo.

Adquirindo este chaveiro feminista contribúes para com o traballo político e reivindicativo da Marcha Mundial das Mulleres e do feminismo galego.

Se tes interese en facerte con un escribe un whatsapp ao 695 11 47 37.