Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

O 8 de maio asasinaban no CHOUOU a Isabel Fuentes, veciña de Verín que se atopaba ingresada en Ourense dende o 3 de abril por mor dunha agresión previa atribuída nun primeiro momento a un ataque na súa vivenda e que a mantiña inconsciente. O 8 de maio o seu marido, Aniceto Rodríguez, asasinouna nun hospital público rematando co que, agora xa o sabemos, iniciara un mes antes facendo pasar por un ataque ao fogar o que fóra unha agresión machista.

Isabel Fuentes convertiuse así na primeira víctima mortal do feminicidio en Galiza no 2015 e nun símbolo tráxico de todo o que funciona mal no sistema en relación á protección das mulleres que sufren violencia machista. Non se adoptaron medidas cautelares de protección polo que o seu marido puido entrar na habitación e matala. Foi asasinada pola súa parella, polo mero feito de ser muller, mais tamén como consecuencia da ineficacia duns poderes públicos que non a protexeron.

Os protocolos e mecanismos de protección das mulleres agredidas fallaron. Ante as sospeitas dos axendes policiais de que se tratase dun caso de violencia machista tendo ao marido como principal sospeitoso tal e como o trasladaron á xuíza pedindo incluso o traslado de Isabel Fuentes a dependencias médicas vixiadas con visitas restrinxidas en todo o momento a resposta da xuíza foi que non se contaba con ‘indicios firmes, testigos, antecedentes de violencia ou mala relación entre os esposos’ e que se trataba de ‘meras conclusións fundadas en conxeturas ás que chegaron os axentes encargados da investigación pero de todo punto insuficientes’.

É inexplicábel que a xustiza ignore a complexidade dos casos de violencia machista onde os ‘antecedentes de violencia ou mala relación entre esposos’ en moitas ocasións só poden coñecerse cando a víctima se decide a denunciar a violencia que sufre, tantas veces silenciada socialmente e vivida dende unha culpabilidade que a invisibiliza. En ocasións nunca se coñece ata que a víctima é asasinada.

As explicacións públicas que coñecemos, fundadas en que a experiencia e a petición dos axentes policiais son meras ‘conxeturas’ sutúanos a todas no campo da desprotección fronte ás agresións onde non só se cuestiona o relato das mulleres que sufren violencia senón mesmo o de aqueles que detectan e denuncian que se trata dun caso de agresión machista. A consecuencia desta desprotección no caso de Isabel Fuentes foi o seu asasinato nun espazo onde debera estar protexida polas institucións e a xustiza e onde ficou, coma xa o estaba antes no fogar, soa ante o seu agresor.

Ante esta situación dende Ourense un grupo de mulleres comprometidas na loita polo dereito das mulleres a vivirmos sen violencia decidimos dar o paso de iniciar unha campaña de denuncia ante o poder xudicial e o Estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes, que é a desprotección que sufrimos todas cando somos agredidas, e que en ocasións, demasiadas, acaba coas nosas vidas.

Nós, mulleres agredidas por unha sociedade machista, reclamamos ao poder xuidicial e ao Estado a responsabilidade de non ter actuado para protexer a Isabel Fuentes cando todos os indicios indicaban que estaba a sufrir violencia machista e demandamos do poder xudicial e dos gobernos do Estado e da Xunta de Galiza medidas efectivas de protección das mulleres fronte ás agresións e asunción de responsabilidades por parte de quen corresponda no caso do asasinato de Isabel Fuentes.

Asina nesta páxina para dar o teu apoio á presentación da reclamación e denuncia ás administracións pola desprotección que sufrimos as mulleres fronte á violencia machista.

Por ela, por todas.
Maio de 2015

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

O 8 de maio asasinaban no CHOUOU a Isabel Fuentes, veciña de Verín que se atopaba ingresada en Ourense dende o 3 de abril por mor dunha agresión previa atribuída nun primeiro momento a un ataque na súa vivenda e que a mantiña inconsciente. O 8 de maio o seu marido, Aniceto Rodríguez, asasinouna nun hospital público rematando co que, agora xa o sabemos, iniciara un mes antes facendo pasar por un ataque ao fogar o que fóra unha agresión machista.

Isabel Fuentes convertiuse así na primeira víctima mortal do feminicidio en Galiza no 2015 e nun símbolo tráxico de todo o que funciona mal no sistema en relación á protección das mulleres que sufren violencia machista. Non se adoptaron medidas cautelares de protección polo que o seu marido puido entrar na habitación e matala. Foi asasinada pola súa parella, polo mero feito de ser muller, mais tamén como consecuencia da ineficacia duns poderes públicos que non a protexeron.

Os protocolos e mecanismos de protección das mulleres agredidas fallaron. Ante as sospeitas dos axendes policiais de que se tratase dun caso de violencia machista tendo ao marido como principal sospeitoso tal e como o trasladaron á xuíza pedindo incluso o traslado de Isabel Fuentes a dependencias médicas vixiadas con visitas restrinxidas en todo o momento a resposta da xuíza foi que non se contaba con 'indicios firmes, testigos, antecedentes de violencia ou mala relación entre os esposos' e que se trataba de 'meras conclusións fundadas en conxeturas ás que chegaron os axentes encargados da investigación pero de todo punto insuficientes'.

É inexplicábel que a xustiza ignore a complexidade dos casos de violencia machista onde os 'antecedentes de violencia ou mala relación entre esposos' en moitas ocasións só poden coñecerse cando a víctima se decide a denunciar a violencia que sufre, tantas veces silenciada socialmente e vivida dende unha culpabilidade que a invisibiliza. En ocasións nunca se coñece ata que a víctima é asasinada.

As explicacións públicas que coñecemos, fundadas en que a experiencia e a petición dos axentes policiais son meras 'conxeturas' sutúanos a todas no campo da desprotección fronte ás agresións onde non só se cuestiona o relato das mulleres que sufren violencia senón mesmo o de aqueles que detectan e denuncian que se trata dun caso de agresión machista. A consecuencia desta desprotección no caso de Isabel Fuentes foi o seu asasinato nun espazo onde debera estar protexida polas institucións e a xustiza e onde ficou, coma xa o estaba antes no fogar, soa ante o seu agresor.

Ante esta situación dende Ourense un grupo de mulleres comprometidas na loita polo dereito das mulleres a vivirmos sen violencia decidimos dar o paso de iniciar unha campaña de denuncia ante o poder xudicial e o Estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes, que é a desprotección que sufrimos todas cando somos agredidas, e que en ocasións, demasiadas, acaba coas nosas vidas.

Nós, mulleres agredidas por unha sociedade machista, reclamamos ao poder xuidicial e ao Estado a responsabilidade de non ter actuado para protexer a Isabel Fuentes cando todos os indicios indicaban que estaba a sufrir violencia machista e demandamos do poder xudicial e dos gobernos do Estado e da Xunta de Galiza medidas efectivas de protección das mulleres fronte ás agresións e asunción de responsabilidades por parte de quen corresponda no caso do asasinato de Isabel Fuentes.

Por ela, por todas.
Maio de 2015

[signature]

   

cartaz_feminicidio

Unha idea sobre “Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>