Rolda de prensa 01/07/2021

O xoves 1 de xullo ás 12h iniciamos as concentracións que terán lugar durante xullo de 2021, todos os xoves ás 12h, para dar pulo á campaña Se É Machista Non É Xustiza.

Á rolda de prensa seguiu unha concentración na que explicamos os motivos que nos levan a realizar esta campaña e as reivindicacións que a acompañan. Podes ler máis aquí.

Rolda de prensa 08/07/2021

Segunda concentración do mes de xullo (xoves 8)  diante dos xulgados para dar visibilidade á campaña sobre a violencia xudicial, hoxe centrada nas crianzas.

Nesta ocasión denunciamos a violencia que sufren as crianzas non só pola que se exerce contra as súas nais senón pola que elas sufren ao ter que vivir en entornos violentos e as consecuencias que iso ten sobre as súas vidas.

Rolda de prensa 15/07/2021

O xoves 15 de xullo concentrámonos novamente diante dos xulgados de Ourense, desta volta para denunciar a complicidade das institucións na violencia xudicial contra as mulleres.
 

Rolda de prensa 22/07/2021

Voltamos aos xulgados denunciar neste ocasión as sentenzas e os informes do Imelga nos que se exercen violencias contra as mulleres nos procesos de denuncia. Dende os xulgados emítense sentenzas machistas e informes psicosociais que lonxe de protexer ás mulleres e ás crianzas acaban por sometelas a máis violencias.

Nas sentencias condenatorias por violencia machista recóllense as agresións do proxenitor e no parágrafo seguinte o réxime de visitas deste coas crianzas, obviando os perxuízos que ten para as menores criarse nun clima de violencia, ou en moitos casos sendo vítimas directas das agresións. A violencia machista tamén é violencia contra as crianzas. A lexislación galega, estatal e internacional xa as recoñece como vítimas de violencia de xénero, é hora de que isto se teña en conta á hora de ditar sentencias.